PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO CORRESPONDENTES AO CURSO 2023/2024
- Alumnado que cursase durante o ano académico 2023/24 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da data de publicación no DOG (06/06/2024).
Prazo de presentación de solicitudes: 07/06/2024 - 08/07/2024
- As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia ou, directamente, desde a propia aplicación «PremiosEdu». As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais das persoas solicitantes.
- A realización da proba terá lugar na data que se estableza mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, e no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal). Na dita resolución fixaranse, así mesmo, os lugares e o horario de celebración da proba.
Orde do 29 de maio de 2024 (DOG)
Extracto da Orde do 29 de maio de 2024 (DOG)
Máis información:
Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/2024
Sede electrónica. Procedemento ED311D - Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico.
- 1270 lecturas