O alumnado de 1º ESO presentou aos seus compañeiros e compañeiras de 2º ESO os lapbooks que elaboraron e que estiveron expostos na biblioteca durante toda esta semana.
No Día da Poesía, o alumnado de 4º ESO tivo unha cita a cegas poética: elixiu entre varios dos versos propostos, para despois ser emparellados con aqueles compañeiros/as que elixiran o mesmo.
O verso máis elixido foi A vida non sabe a Donuts de Carlos Negro.
Juan González foi o gañador do II Torneo de xadrez. Hoxe fixemos a entrega de premios na biblioteca. Parabéns tamén aos finalistas Alexio Félix, Iago Pérez e Ruth Barrio.
O alumnado de 1° de ESO de plástica ensina a compañeiros/as o procedemento de reciclaxe de papel na semana cultural do IES de Cacheiras. Primeiro se recolleu o papel usado para reciclar, logo se triturou e se fixo unha pasta con agua e cola en po para poñer nos bastidores e darlle un formato rectangular. Despois prénsase a pasta e ponse a secar. Tamén se pode facer papel de cores mesturando a pasta con pintura líquida ou decorando con flores en follas.
Ecoprint, a alquimia das plantas, foi un obradoiro que tivo lugar na semana cultural do IES de Cacheiras organizado polo departamento de Artes Plásticas. No obradoiro o alumnado de 1° de ESO ensinou a outros alumnos/as a técnica natural de imprimir as cores e formas das follas e flores elixidas sobre teas, tote bags e camisetas. Os estampados resultantes quedaron moi chulos.