Skip to Content

SESIÓN DE CINECLUB PARA O ALUMNADO DE 1º ESO

O alumnado puido ver a películka baseada no libro que estiveron lendo no 2º trimestre, La invención de Hugo Cabaret.

VÍDEO-DOSIER FINAL: "Cantigas e Murais para o Coñecemento do Reino Medieval de Galicia"

É un pracer presentar o noso Vídeo-Dosier Final do proxecto "Cantigas e Murais para o Coñecemento do Reino Medieval de Galicia". Neste vídeo, resumimos os emocionantes momentos vividos durante esta marabillosa aventura cultural.

Desde os conciertos onde as cantigas medievais resoaron nos nosos corredores ata a creación do mural que adorna o noso espazo, cada paso deste proxecto foi unha celebración da nosa rica historia e cultura galega.

Queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado que participou co seu talento e entusiasmo, facendo deste proxecto unha experiencia inesquecible.

Este proxecto enmarcouse nos II Premios Reino de Galicia 2023, un recoñecemento á creatividade e á investigación da nosa historia. Estamos orgullosos de compartir esta viaxe coa comunidade educativa.
 

 

Grazas a todos e todas por acompañarnos nesta aventura de coñecemento e creación. Seguiremos a celebrar e a promover a nosa cultura galega con orgullo e entusiasmo.

Equipo do Proxecto "Cantigas e Murais para o Coñecemento do Reino Medieval de Galicia"
IES Cacheiras

III SEMANA CULTURAL. FINAL MÁXICO

A nosa III Semana Cultural EMOCIÓNATE, acabou como se merece, coa emoción e a ilusión da maxia. Grazas a Joshua Kenneth por poñer este punto final tan divertido co alumnado de 1º ESO.

E CHEGAMOS A COMPOSTELA!!!

Conseguimos o noso obxectivo de chegar a Compostela pedaleando durante esta semana. Grazas a todo o alumnado que colaborou e ao departamento de Educación Física por esta iniciativa tan divertida.

III SEMANA CULTURAL. PAISAXES POÉTICAS

Durante a III Semana Cultural puidemos desfrutar da exposición Paisaxes Poéticas, coordinada polos departamentos de Lingua Galega e Plástica.

Collage realizado polo alumnado de 3º ESO

III SEMANA CULTURAL. VISITA AO IDIS

O alumnado de bioloxía de 1º e 2º bach tivo a oportunidade de visitar as instalacións do IDI. Grazas pola invitación e o bo trato recibido.

III SEMANA CULTURAL. ESCAPE ROOM DÍA DA FRANCOFONÍA

O departamento de francés organizou, nas aulas de 2º ESO, durante esta semana, unha escape room co gallo do Día da Francofonía.

III SEMANA CULTURAL. TALLER DE SINESTESIA

Dúas alumnas de plástica de 3°ESO C desenvolveron unha actividade baseada na sinestesia.
A actvidade estaba enfocada a todo o alumnado do IES de Cacheiras que quixo participar de forma voluntaria. 25 estudantes e unha profesora desfrutaron a experiencia na aula de debuxo. Primeiramente as alumnas explicaron que é a sinestesia, puxeron exemplos, explicaron diversas formas de facer sinestesia e incluso proxectaron un vídeo coa testemuña dunha persoa sinestésica que elixía as súas mozas polo sabor do seu nome.
Despois pasouse a acción e as participantes experimentaron 10 estímulos que apelaban a varios sentidos que tiñan que expresar mediante outros. Así expresaron mediante a cor un son, mediante o olfacto un fragmento dunha película, mediante unha onomatopeia o sabor dun alimento ou coa representación dun número para referirse ó sentido mentres lle poñían unha calcamonía. Todo o experimentado foi representado nun mural de tres metros que se exporá no corredor do centro no 3º trimestre.

 

III SEMANA CULTURAL. AXENDA DO DÍA 22

PENÚLTIMA ETAPA: CHEGAMOS AO CEBREIRO

No penúltimo día de Pedaleando no Camiño conseguimos chegar ao Cebreiro. Conseguiremos alcanzar Compostela?

Distribuir contido


by Dr. Radut