Skip to Content

DÍA DO LIBRO NO IES DE CACHEIRAS

Para este martes, Día do libro, o equipo da biblioteca e o EDLG teñen preparadas varias propostas que esperamos que vos gusten. Vinde pola biblioteca!

PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE COMUNICAZIÓN ALFA NO MICEscola

Comunicación alfa, unha peza do alumnado de 2º ESO C do IES de Cacheiras, que explora a maneira de comunicarse dos rapaces de entre trece e catorce anos, presentouse este xoves no Museo do Pobo Galego dentro do proxecto MICEscola.

Cinco centros de ensino galegos: o IES Pedra da Aguia (Camariñas), o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame), o IES de Oroso (Oroso), o IES de Arzúa (Arzúa) e o IES de Cacheiras (Teo) participaron nesta interesante proposta.

Grazas a ANPA por financiar o transporte ata o museo en colaboración coa Deputación da Coruña.

  >

ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DO III FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DO IES DE CACHEIRAS

Esta semana presentamos aos medios de comunicación o III Festival de teatro escolar do IES de Cacheiras.

Agardamos por vós o sábado, día 20, ás 16.00h na aldea de Luou e ás 19.30 no Auditorio Constante Liste para a representación de Á luz das candeas.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O MES DE ABRIL

Xa tedes dispoñibles na biblioteca as recomendacións que vos fai o Equipo da Biblioteca. Vinde a buscalas!

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE TÍTERES

O alumnado da Aula de teatro avanza na construción dos seus títeres grazas á asociación Morreu o Demo.

SAÍDA A CARBOEIRO

Os departamentos de Xeografía e Historia e Educación Física organizaron esta saída na que o alumnado de 2º ESO visitou o Monasterio de Carboeiro e a Fervenza da Toxa.

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO NO XVI FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE PALAS DE REI

Este sábado o alumnado da Aula de teatro asistiu ao roteiro que organiza o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e despois actuou con eles e a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Touro representando A luz das candeas.

O IES DE CACHEIRAS 3º POSTO NA FINAL DO CLUB DE DEBATE ALINGUA

O equipo Sofistas acadou unha puntuación de 248.50 puntos na final do Club de debate Alingua que se celebrou en Val do Dubra.

O IES Terra do Xallas de Santa Comba e o IES Camilo José Cela de Padrón quedaron, respectivamente, no 1º e 2º postos.

Parabéns a todos polo esforzo, o traballo e a aprendizaxe.

Grazas ao Concello de Teo por facer posible esta actividade.

 

CONCENTRACIÓN POR PALESTINA

O venres 12 de abril ás 12h, unímonos á convocatoria de Docentes con Palestina nunha concentración na que mostramos a nosa solidariedade co pobo palestino e esiximos un alto o fogo inmediato.

PROGRAMA DE SEGUIMENTO DAS BOLBORETAS DE EUROPA NO CLUB DE CIENCIA

O alumnado do Club de Ciencias realizou un percorrido inicial, na contorna do centro, como "toma de contacto" de cara a participar no "Programa de seguimento das bolboretas de Europa". Estudaremos as bolboretas presentes nunha carballeira, nun pequeno bosque de ribeira e nun pequeno prado.

Distribuir contido


by Dr. Radut