O pasado xoves as alumnas e alumnos do Club de ciencia remataron os seus espectroscopios para poder ver a descomposición de calquera fonte de luz.
Ademáis fixemos a observación de mofos en diferentes alimentos e observamos a súa estrutura a través da lupa e do microscopio. Co microscopio aprendemos o protocolo para facer imaxe aumentada das mostras utilizando diferentes obxectivos con aumentos.
Ademáis estamos a preparar os experimentos da semana cultural que poderan desfrutar algunhas clases grazas as alumnas e alumnos do Club de ciencia.