Skip to Content

XI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

Antía Caeiro, Beatriz Martínez, Diego Olañeta, Manuel Rey e Rubén Pérez participaron hoxe na XI Olimpíada filosófica de Galicia na modalidade de disertación.

ÁS ESQUECIDAS. UN PROXECTO DE RECOLLIDA DE LIBROS DEDICADOS PARA AS PRESAS DE TEIXEIRO

Ata o día 20 de marzo imos recoller libros dedicados que se entregarán ás mulleres presas no centro penitenciario de Teixeiro.

Unímonos así a un proxecto que xa ten unha longa traxectoria, o iniciado por teta&teta, ás que lles pedimos permiso para realizalo no noso centro, e que podedes coñecer neste enlace.

Agardamos que a iniciativa teña moito éxito e poidamos ir cargados de libros a Teixeiro, anímaste a participar?

8 DE FEBREIRO. SEGUNDO DÍA DO TORNEO DE XADREZ

Estes son os enfrontamentos para o día 8 de febreiro:

GAÑADORAS DO CONCURSO DE ILUSTRACIÓN

Parabéns ás gañadoras!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O MES DE FEBREIRO

Aquí tedes os libros que o Equipo da biblioteca seleccionou para este mes. Vinde pola biblioteca, que teñen moi boa pinta!

TODO LISTO PARA O TORNEO DE XADREZ

Xa está todo listo para que comece o Torneo de xadrez, recorda, mañá nos recreos.

 

DÍA DA CANDELORIA. TEATRO NAS AULAS

Parte do alumnado da Aula de teatro preparou microescenas teatrais, cuxo eixe era o amor, e representounas polas aulas do noso instituto para celebrar o día da Candeloria, a modo de sorpresa para os seus compañeiros/as.

XIX CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA ODISEA 2024

O grupo Hércules, formado por Uxía Fernández, Jennifer López e Daniel Cardoso de 4º C, quedou en 9ª posición, dun total de 315 grupos participantes, no Concurso Odisea que se celebrou o pasado xaneiro.

O concurso Odisea está convocado pola Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.). Está dirixido principalmente aos profesores e alumnos de Cultura Clásica, Latín e Grego, e pretende sacar a Cultura Clásica das aulas, alomenos por uns días.

Génesis (Ian Blanco, Xoán Fernández e Yago Varela de 4º C)  acaou o posto 20 e en 25ª posición, La Malata (David Tubío, Iris Díaz e Azmeraw Codesido de 1º Bach).

Parabéns a todos os participantes!

NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

O club de lectura de 1º ESO volveuse reunir para comezar a segunda lectura: La invención de Hugo Carret... con curiosidade por coñecer as aventuras e misterios que oculta este libro...

NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE BACHARELATO

Onte reuniuse o Club de Lectura de Bacharelato para comentar a obra Tamara Drew, que deu para falar dun interesante debate acerca da creación de obras a demanda de intereses comerciais. A próxima lectura elexida polas alumnas é Gentlemind.

Distribuir contido


by Dr. Radut