Skip to Content

Axudas alumnado para inmersión lingüística verán 2009

No DOG do día 08/01/2009 sae publicada a orde pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009.

No seguinte enlace achégase díptico informativo sobre este programa,

Proxecto de innovación educativa para a introducción das TIC no proceso ensino-aprendizaxe

Tendo en conta a importancia do uso das TIC no proceso ensino-aprendizxe, no curso 2007-2008 creouse no IES A Sangriña un grupo de dinamización TIC. Este grupo realizou moitas tarefas ao longo do ano centradas en dúas liñas de traballo:

  • Proporcionar os medios materiais e tecnolóxicos necesarios.

  • Informar e apoiar aos usuarios.

As actividades máis destacadas do grupo son as que se salientan a seguir:

  1. Remodelación das infraestucturas de comunicación e eléctricas. O obxectivo era que todos os ordenadores do centro tiveran acceso a internet de alta calidade. Isto supuxo un grande investimento pois había encadeamento do equipamento de comunicacións o que producía unha reducción do rendemento da velocidade de acceso a internet.

  2. Incremento dos recursos TIC mediante a reorganización e mellora dos espazos do centro. Creáronse tres novas aulas de informática, remodeláronse dúas aulas de ciclos e ampliouse notablemente o número de ordenadores da sala de profesores e a sala de reunións.

  3. Reaproveitamento dos recursos informáticos existentes. Realizouse o mantemento dos equipos existentes e recuperánronse ordenadores obsoletos instalando neles Linux Ubuntu.

  4. Sopote ao usuario.Resolvéronse dúbidas informáticas e as incidencias que se produciron e elaborouse un manual de uso do XadeWeb.

  5. Realización do obradoiro “Moodle para profesores”.

  6. Creación do grupo de traballo “Análise de teleformación a través da plataforma Moodle”

  7. Creación dunha aula virtual http://aula.cesga.es/ para a materia de Lingua Castelá e literatura de 2º de bacharelato.

Como resultado deste traballo, o noso centro é un dos dez centros seleccionados pola Consellería de Educación para a realización de proxectos de innovación para o uso educativo das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) para o curso 2008-2009.

Este curso continuarse traballando nas liñas do curso anterior e ademais téñense os seguintes obxectivos:

  1. Dotar a todas as aulas e departamentos cun cable directo dende secretaría, que evite que unha avaría nun determinado equipo afecte en cadea ao resto.

  2. Reorganización da disposición física e equipamento da aula 28. Dotación dun proxector e/ou encerado dixital.

  3. Instalación de novas aulas informáticas con PC's e encerados electrónicos.

  4. Creación dun laboratorio de idiomas.

  5. Enriquecemento da páxina web do IES A Sangriña de xeito que constitúa un vehículo de comunicación da comunidade educativa e as nais e pais do alumnado.

  6. Creación dunha web con acceso a persoas con minusvalías.

  7. Extensión da plataforma da aula virtual Moodle a toda a comunidade educativa como medio de ensino-aprendizaxe.

  8. Creación e posta en práctica dunha política de seguridade para evitar virus, troianos, accesos non autorizados...

  9. Creación de gardas informáticas presenciais para a resolución de dúbidas ao resto da comunidade educativa.

  10. Realización de cursos de alfabetización dixital para nais e pais e persoal de administración e servizos.

Podes consultar o proxecto no seguinte enlace

IES A Sangriña centro TIC

No DOGA do martes 21 de outubro de 2008 publícase a orde do 10 de outubro de 2008 pola que se resolve a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de innovación para o uso educativo das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) para o curso 2008-2009. O noso centro aparece na relación dos dez centros seleccionados pola Consellería de Educación para participar no mencionado proxecto.

Cada centro TIC recibirá como dotación:

a) Un paquete multimedia composto por un encerado dixital interactivo, un proxector e dez ordenadores portátiles, que se enviará no primeiro trimestre do curso académico 2008-2009.

b) Dotación económica de 2000 €.

c) Asesoramento para o profesorado do centro para un mellor aproveitamento dos recursos informáticos e da súa incorporación a docencia.

d) Un espazo web para facilitar a creación e organización de materiais e recursos educativos por medio das tecnoloxías da información e da comunicación.

e) A difusión das experiencias a través da rede e a publicación dos materiais educativos producidos.

Felicidades ao equipo de dinamización das TIC por lograr a participación neste proxecto.

Teatro do Falabarato

A OMIX e a Concellería de Xuventude e Cultura do Concello da Guarda organizan, en colaboración co grupo de Teatro Falabarato do IES A Sangriña, unha función teatral na que se estrea a obra Farsa de Bululú de Manuel María, o día 28 de marzo, ás 20.30 no Centro Cultural da Guarda.

Centro Cultural

A Sangriña, campión da Copa Coca-Cola

IES a Sangriña campión da Copa Coca-Cola

O equipo de fútbol do Instituto proclamouse en Vigo campión da Copa Coca-Cola despois de derrotar na final ao IES Beade. Será o representante da provincia na fase final nacional que se celebrará en Sevilla do 31 de maio ao 3 de xuño.
A xornada futbolística contou ca presenza do ex-xogador internacional Julio Salinas quen, ademais de entregar os premios, impartiu sobre o terreo de xogo unha lección de fútbol.
Para completar os éxitos da xornada para o IES A Sangriña, Jaro Videira García, o porteiro do equipo foi elixido mellor porteiro.
Dende estas páxinas damos os parabéns a estes campións e desexámoslles que teñan éxito en Sevilla.

 

Febreiro 2008

Convocada a 2ª Mostra de Teatro non profesional do Miño

 
Cartel mostra de teatro
Bases para a participación: 
1ª) A Comisión Organizadora da Mostra de Teatro non Profesional do Miño “Gabriel Feixó Araúxo” está formada por persoas vinculadas ao Centro Goianés (Tomiño), I.E.S. A Sangriña (A Guarda) e á Oficina Xuvenil Transfroiteiriza de Tui.

2ª) A Mostra celebrarase nas vilas de Goián, A Guarda, Caminha e Vila Nova de Cerveira os días 25, 26 e 27 de abril de 2008 nos lugares que determine a Comisión Organizadora.

3ª) Poderá presentarse a esta convocatoria calquera grupo de teatro non profesional (escolar e afeccionado) con obras en lingua galega ou portuguesa.

4ª) Para participar deberán enviar, antes do 14 de marzo do 2008 a seguinte información:

-Datos do grupo (nome, enderezo, teléfono de contacto, e-mail).
-Título da obra, autor e sinopse da mesma.
-6 copias gravadas en DVD (formato MPG) da obra completa que se presenta á Mostra.

Estes materiais poderán ser recollidos no Centro Goianés até dous meses despois de rematada a Mostra, pasado este tempo serán destruídos.

5ª) Os grupos poden presentar máis dunha obra pero só poderá ser seleccionada unha por cada grupo.

6ª) Esta documentación deberán remitila a un dos seguintes enderezos:

Centro Goianés
Mostra de Teatro do Miño
Avda. Ordóñez, s/n
36750 Goián
GALIZA

--------------------------------------------
Posto Juvenil Transfronteiriço (IPJ)
Rua de Santa Margarida, 6
4710-306 Braga
PORTUGAL

7ª) O xurado encargado de valorar os traballos presentados estará constituído por:

-Representantes da organización.
-Profesionais do teatro galego e portugués.
-Persoas designadas polas institucións patrocinadoras.

8ª) De todas as obras que se presenten, o xurado escollerá oito, que serán as que participen na mostra. Esta decisión comunicaráselle soamente aos grupos seleccionados antes do 12 de abril.

9ª) A cada un dos grupos seleccionados para participar outorgaráselle unha subvención de 700 € e un galardón conmemorativo da Mostra.

10ª) Destes grupos, aquel que obteña mellor valoración do público asistente obterá un premio especial do público, de 1000 €.

11ª) A Comisión organizadora desta Mostra resolverá calquera circunstancia que non estea prevista nestas bases.

12ª) O feito de participar nesta Mostra, implica a aceptación de todas e cada unha das bases.

VI Premio Galicia Innovación júnior

portada do diptico da convocatoria do concurso

Co lema "todo ten a súa ciencia" convócase o VI PREMIO GALICIA INNOVACIÓN JÚNIOR no que poden participar mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, ben de forma individual ou en grupos de 3 persoas como máximo.

Distribuir contido


by Dr. Radut