Tendo en conta a importancia do uso das TIC no proceso ensino-aprendizxe, no curso 2007-2008 creouse no IES A Sangriña un grupo de dinamización TIC. Este grupo realizou moitas tarefas ao longo do ano centradas en dúas liñas de traballo:
-
Proporcionar os medios materiais e tecnolóxicos necesarios.
-
Informar e apoiar aos usuarios.
As actividades máis destacadas do grupo son as que se salientan a seguir:
-
Remodelación das infraestucturas de comunicación e eléctricas. O obxectivo era que todos os ordenadores do centro tiveran acceso a internet de alta calidade. Isto supuxo un grande investimento pois había encadeamento do equipamento de comunicacións o que producía unha reducción do rendemento da velocidade de acceso a internet.
-
Incremento dos recursos TIC mediante a reorganización e mellora dos espazos do centro. Creáronse tres novas aulas de informática, remodeláronse dúas aulas de ciclos e ampliouse notablemente o número de ordenadores da sala de profesores e a sala de reunións.
-
Reaproveitamento dos recursos informáticos existentes. Realizouse o mantemento dos equipos existentes e recuperánronse ordenadores obsoletos instalando neles Linux Ubuntu.
-
Sopote ao usuario.Resolvéronse dúbidas informáticas e as incidencias que se produciron e elaborouse un manual de uso do XadeWeb.
-
Realización do obradoiro “Moodle para profesores”.
-
Creación do grupo de traballo “Análise de teleformación a través da plataforma Moodle”
-
Creación dunha aula virtual http://aula.cesga.es/ para a materia de Lingua Castelá e literatura de 2º de bacharelato.
Como resultado deste traballo, o noso centro é un dos dez centros seleccionados pola Consellería de Educación para a realización de proxectos de innovación para o uso educativo das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) para o curso 2008-2009.
Este curso continuarse traballando nas liñas do curso anterior e ademais téñense os seguintes obxectivos:
-
Dotar a todas as aulas e departamentos cun cable directo dende secretaría, que evite que unha avaría nun determinado equipo afecte en cadea ao resto.
-
Reorganización da disposición física e equipamento da aula 28. Dotación dun proxector e/ou encerado dixital.
-
Instalación de novas aulas informáticas con PC's e encerados electrónicos.
-
Creación dun laboratorio de idiomas.
-
Enriquecemento da páxina web do IES A Sangriña de xeito que constitúa un vehículo de comunicación da comunidade educativa e as nais e pais do alumnado.
-
Creación dunha web con acceso a persoas con minusvalías.
-
Extensión da plataforma da aula virtual Moodle a toda a comunidade educativa como medio de ensino-aprendizaxe.
-
Creación e posta en práctica dunha política de seguridade para evitar virus, troianos, accesos non autorizados...
-
Creación de gardas informáticas presenciais para a resolución de dúbidas ao resto da comunidade educativa.
-
Realización de cursos de alfabetización dixital para nais e pais e persoal de administración e servizos.
Podes consultar o proxecto no seguinte enlace
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude axuda Prox TIC IES A SANGRIÑA.pdf | 2.83 MB |