Skip to Content

Falemos de amor. Concurso de mensaxes

Co motivo da celebración de San Valentín durante todo o mes de Febreiro o alumnado do IES A Sangriña pode enviar unha declaración de amor a través do correo electrónico.

Recordando a III Mostra de Teatro Feixó de Araúxo_09

Vídeo homenaxe a III Mostra de Teatro Feixó de Araúxo realizado polo alumno Pablo Lomba Riego. Próximamente teremos novidades sobre a 4ª edición.

Somos Comenius

O pasado xoves 28 de xaneiro de 2010, o IES A Sangriña foi seleccionado para participar no acto de entrega das placas “Somos Comenius” organizado polo OAPEE (Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos) e pola Unidade de Programas Europeos da Consellería de Educación.

O acto, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, estivo presidido pola Directora de Comenius en España, Mª Dolores López Mollo, que informou sobre as novidades do programa.

Jorge Dorado González, de 2º B de Bacharelato, foi convocado pola Consellería para representar ao grupo de Comenius Bilateral con Dinamarca do IES A Sangriña cunha disertación sobre os beneficios que reporta aos estudantes a participación nos intercambios.

Reportaxe da exposición da Mariposa Monarca


Campaña de animación á lectura no Nadal


Conferencia "Os primeiros auxilios" por D. Manuel Gil Fernández

No IES A Sangriña celebrarase unha conferencia titulada “Os primeiros auxilios” polo especialista en medicina laboral no ISSGA  D: Manuel Gil Fernández. Será o 3 de Decembro de 10:00 a 14:00 no salón de actos do centro educativo. Está dirixido para todo o alumnado  que cursa ciclos formativos.


 

 

INTERCAMBIO ITALIA 2010

 

A continuación inclúese a lista dos alumnos admitidos para o intercambio de Italia no curso academico 2009/2010.
As datas da viaxe a Italia seran en febreiro, con saída desde Santiago de Compostela o dia 18 xoves, e volta ao mesmo aeroporto o dia 25. Os alumnos italianos devolveran a visita en abril, probablemente do 8 ao 15. Proximamente habra unha reunion cos seleccionados.


Listaxe

1 Alonso Cerqueira, María
2 Alonso González, Laura
3 Álvarez Martínez, Andrea
4 Araújo Acevedo, Cristina
5 Coimbra Rebullido, Diego
6 Diz Rodríguez, Osvaldo
7 Dorna González, Ainhoa
8 Fernández Álvarez, Xoel
9 González Flores, María
10 González Martínez, Pablo Javier
11 González Ozores, Paula
12 González Pacheco, Sara
13 Lomba González, Laura
14 Martínez Lomba, Patricia
15 Martínez López, Jorge
16 Pena Alonso, Beatriz
17 Quiroga Trasorras, Rosalía
18 Rodríguez Pérez, Iria
19 Rodríguez Vicente, Carlos
20 Valcárcel Bugarín, Laura
21 Vergara Pérez, Helena
22 Vicente Alonso, Sara

Rafting no río Miño

O luns 23 de novembro alumnado de 3º da ESO participou na actividade de rafting organizada polo Departamento de Educación física. Os alumnos disfrutaron dun día en contacto coa naturaleza e co río Miño no seu paso polo concello de Arbo.

Visita ao Grupo PSA Peugeot Citroën. Vigo

O pasado venres 20 de novembro alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e do Ciclo Medio de Sistemas Informáticos asistiu a Vigo para coñecer a empresa Citroën.

Performance en contra da violencia machista do Grupo de teatro do Falabarato

O venres 13 de novembro na Casa da Cultura da Guarda tipo lugar a seguinte performance do grupo de teatro do IES tamen coñecido como o Falabarato, dentro do mes adicado a evidenciar e loitar contra a violencia machista.

Distribuir contido


by Dr. Radut