Skip to Content

Galicia Skills

 

 

 

 

 

 

Este ano celébrase por primeira vez  o I Campeonato Galego de Skills da FP, no que o centro IES A Sangriña vai estar representado polo alumno Martín Martínez Rodríguez do 2º ciclo medio de carrozaría.
Este alumno vai participar na categoría de pintura de vehículos que se celebrará en Lugo o 20 de novembro, desde as 09:30 da mañá ata as 14:30 e pola tarde das 16:00 ata as 18:30. Pódese seguir pola internet no seguinte enderezo: 
http://www.comforp.org

¿En que consiste Galicia Skills?
As clasificacións das distintas categorías celebraranse ao longo deste mes de novembro en distintos centros educativos de toda Galicia nas especialidades de Peiteado, Deseño web, PC e Soporte de rede, Pintura de vehículos, Reparación de carrozarías de vehículos, Tecnoloxía do automóbil, Cociña, Tecnoloxía de moda, Coidados de beleza, Ebanistaría, Carpintaría e Servizos de restaurante e bar.
Neste I Campeonato Galego de Skills da FP haberá tres clasificados por cada especialidade, que recibirán a correspondente certificación. O primeiro clasificado de cada skill representará á Comunidade Autónoma de Galicia no Campeonato Nacional da Formación Profesional que se celebrará en Madrid no mes de abril de 2011. Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo de ter participado en GaliciaSkills 2010.
Na primeira semana de abril de 2011 celebrarase en Madrid a XXXIII edición das Olimpiadas da Formación Profesional SpainSkills 2011, nas que estudantes de distintos ciclos formativos de Formación Profesional procedentes de centros educativos de todas as Comunidades Autónomas e Ceuta e Melilla medirán as súas destrezas e habilidades en cerca de trinta skills ou profesións.
Cada participante demostrará a súa competencia profesional durante catro días de competición a través dunha ou varias probas.

Horarios dos grupos ESO 2010/2011

Para ver o horario de calquera dos grupos da ESO abra os arquivo adxuntos.

Proxecto PROA. 2010-11

No arquivo adxunto atópase o proxecto PROA do curso 2010-11

Curso de italiano

CURSO DE ITALIANO  

NIVEL:                       A1-A2

DOCENTE:                Alice Marchesi

HORARIO:                 Mércores, de 17.30 a 19.00

LUGAR:                      IES A Sangriña

INICIO:                      Mércores 10 de novembro

PREZO:                      0 € (financiado pola UE)

 

- Ao final do curso obterase o correspondente certificado.

- O nivel acadado servirá para a preparación das probas libres da Escola Oficial de Idiomas do nivel Inicial, que se celebrarán en Vigo a principios de xuño ou na convocatoria de setembro.

 Coordinación: Beatriz Tourón

Alumnado de 2º de bacharelato en Bornholm

Un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato do IES A Sangriña está na illa danesa de Bornholm participando no proxecto Comenius Bilateral que coordina este centro. Durante a súa estancia, están asistindo a sesións lectivas e culturais tanto na illa como na capital do país, Copenhague.

Reportaxe da Gala de Fin de curso de 2º de Bacharelato

No mes de xuño tivo lugar a Gala de Fin de Curso do alumnado de 2º de bacharelato.

Paga a pena ler os emotivos discursos do alumno e alumnas: Álvaro, Ana Flores, Tania e Lara e as verbas adicadas ó seu profesorado.

Xuño 2010
  

Saída á Praia de Armona-Lamiña do alumnado de 1º ESO


23 de xuño de 2010

Reportaxe do Certame de poesía Xela Arias

O pasado día 9 celebrouse o acto de homenaxe a Xela Arias. O poeta e profesor Carlos Negro ofreceu un obradoiro de poesía para alumnado de ESO. Tamén se encargou da conferencia sobre a obra de Xela que se ofreceu para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Despois da exposición do poeta un grupo de alumnos (Rosabel, Zaira, Óscar, Rocío, Andrea, Sheila) ofreceron un recital - homenaxe de poemas de Xela. Tamén participaron no recital artistas recoñecidos, o propio Carlos Negro, o cantor Tino Baz e o músico Alfredo Garrido.
Finalmente leuse a acta do xurado e entregáronse os premios aos xoves poetas que acudiron ao acto. Sara Martínez, do IES de Sanxenxo mereceu o primeiro premio na modalidade A e Óscar Rodríguez o segundo premio na mesma modalidade. Os dous leron as obras premiadas, que recibiron o emocionado aplauso dos asistentes.
Ao acto asistiron Valentín Arias, Amparo Castaño e
Lois Arias Castaño, aos que manifestamos o noso cariño e agradecemento.
O Certame de Poesía Xela Arias é organizado polo Equipo de Normalización Lingüística e pola Dirección do IES A Sangriña.

9 de xuño de 2010

17 de xuño de 2010: Teatro no IES A Sangriña

17 DE XUÑO ÁS NOVE DA NOITE

o TEATRO DO FALABARATO

do IES A Sangriña estrea:

 AQUÍ NON SE PAGA!

de DARÍO FO

Distribuir contido


by Dr. Radut