Skip to Content

Dinamarca- A Guarda. Setembro 2010

A guardesa Tecla Cadilla proclamouse campeona de España en Judo

Noraboa a ex alumna do IES A Sangriña Tecla Cadilla que o pasado 3 de abril proclamouse campeona nacional de judo.

Máis información: Reportaxe Galicia Suroeste

Reunión de bolsas MAC con Dinamarca

05/04/2011 16:00
05/04/2011 17:00
Etc/GMT+2

Os alumnos de 4º ESO interesados en optar ao MAC con Dinamarca para o curso 2011-12 deberán asistir a reunión do martes 5 de abril ás 16:00 horas no IES A Sangriña acompañados dos seus pais

Despedida dos alumnos de Dunkerque e Mallorca

Este xoves regresaron a Dunkerque e Mallorca os nosos socios de intercambios. A última xornada consistiu nunha visita a Cíes e, de regreso, a función de baile de Educación Física e a cea de despedida organizada polos pais dos dous intercambios. Bágoas pola mañá no IES A Sangriña. Ata o ano próximo!

marzo 2011

Intercambio con Francia e Mallorca

24/03/2011 00:00
31/03/2011 00:00
Etc/GMT+2

Nesta semana alumnado dos intercambios con Francia e Mallorca están participando nunha serie de actividades culturais e deportivas como se pode ver no seguinte enlace e vídeo.

http://projenius.over-blog.com/

Dunkerque 2011 por collegeboris

Presentación de proxectos do C S de Administración e Finanzas

29/03/2011 10:15
29/03/2011 14:00
Etc/GMT+2

O martes 29 a partires das 10:15 h. os alumnos de 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas fan a presentación  pública dos Proxectos Empresariais elaborados .Estes Proxectos foron dirixidos e coordinados póla profesora Conchi Villamarín. Básicamente consiste na elaboración dun plan de negocio desde que se concibe a Idea hasta a súa valoración de viabilidade técnica, económica e financiera.

Corresponden a plans de negocio que se ubican na Guarda, Oia, Tomiño , O Rosal.

Hay 6 proxectos que se presentarán pola mañán:

- 1.- Ximnasio Dan Dan

Raquel Alonso Cerqueira

Tamara Álvarez Martínez

Sofía Souto Souto

-2.- " O Viñedo" S.L. Casa de Turismo Rural Activo

Ana Dorna Guerreiro

Anselmo Rodríguez Portela

Beatriz Martínez González

- 3.- Zen Form. Centro Deportivo de Desenvolvemento Persoal

Olalla Cruz

Vanesa Cabral

Leticia Alonso

- 4.- Funtime. Sala de Variedades

Javier Rodríguez Domínguez

Kevin Carrera Martínez

- 5.- Essenza di Cioccolate. Chocolatería

Alba Pérez Pequeño

Begoña Rodríguez Vicente

Sara Diego Santiago

- 6.- Centro de Día de Oia

Sandra Guerreiro

Tanía Rodríguez

Eva María Vicente

O plantexamento é o seguinte:Seguindo unha estructura determinada.

1º.- Deciden a idea de negocio dun montón de propostas que eles batallan.

Deciden a súa ubicación, Nome, logotipo, etc .

2º.- Analizan o entorno no que van levar a cabo o negocio  

3º.- Fan un estudio de mercado para saber o grado de aceptación que o negocio ten no entorno

4º.- Fan un plan de marketing, analizando productos ou servicios ofrecidos, e cuantifacion de precios, tarifas. Asimemo elaboran un plan de comunicación e publicidade  

5º.- Deciden a figura societaria ou individual que mellor lles parece para poñer en marcha o negocio.

6º.- Deciden o Organigrama e Recursos Humanos necesarios  

7º.- E por último analizan e detallan a Inversión e Financiación precisa para poñer en marcha o negocio.

O acto contou coa presenza do alcalde da Guarda Jose Manuel Domínguez Freitas

Obradoiro de formación en técnicas de teatro no IES A Sangriña

xogo teatral cartaz

Os días 8, 9 e 10 de abril de 2011 ofreceremos no instituto un obradoiro de formación en técnicas de teatro. Os seus contidos abordarán o xogo teatral e o clown. O profesor será Fran Rei, membro de Culturactiva e da compañía OS SETE MAGNÍFICOS MAIS UN.
O curso está dirixido ao alumnado do grupo de teatro do IES A Sangriña, mais tamén poderán participar outras persoas interesadas no caso de quedaren prazas dispoñibles. Pódese recoller a ficha de inscrición na conserxería do instituto.

Charla sobre drogas, acoso escolar e violencia de xénero no IES A Sangriña

cartaz charla

O luns día 28 de marzo de 2011 no IES A Sangriña ofrecemos unha conferencia dirixida a pais nais, e todas as persoas interesadas en ofrecer unha educación a nenos e nenas e adolescentes que teña como obxectivo principal establecer entre as persoas relacións de respecto. A charla estará a cargo de Pilar Lagos, especialista da Garda Civil na loita contra a violencia de xénero e as agresións a menores, que dirixe o EMUME da provincia de Pontevedra.

Desde a Dirección do instituto convidamos e animamos a todas as persoas que o desexen a asistir a esta charla de enorme interese.

Ademais, na xornada escolar tamén se ofrecerán charlas dirixidas ao
alumnado de diferentes niveis:

09:00 A
11:00
 


3º E 4º DE ESO DROGAS E
VIOLENCIA DE XÉNERO
11:00 A 11:55 
1º E 2º DE ESO ACOSO ESCOLAR
16:00 A
17:35    
1º DE BACH. DROGAS E VIOLENCIA
DE XÉNERO
18:00 A 19:45 
PCPI DROGAS E VIOLENCIA DE XÉNERO

 

IV Concurso fotográfico Axenda 21

BASES:

PARTICIPANTES: profesorado, alumnado, pais e nais, persoal non docente e persoas alleas ó Centro que queiran participar.

OBXECTIVOS: Fomentar o respecto polo entorno e a conservación do medio natural. Denunciar as situacións de dano no medio natural e colaborar no cambio de mentalidade da sociedade e na súa actuación na natureza.

TEMÁTICA: A costa d´A Guarda

PRESENTACIÓN: Os traballos serán orixinais, en formato 20x25. Tamén seentregará un CD cos traballos en formato dixital a efectos de facer un álbum fotográfico.

Cada fotografía irá acompañanda dun título e dun pequeno texto onde o autor explique a idea que plasma na fotografía. Entregarase nun sobre, e acomañandoa doutro pechado que conteña o nome, apelidos e teléfono de contacto do autor.

Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a

fotografía e o sobre pechado,para manter a identificada a foto e o anonimato do autor.

O número máximo de fotografías por persoa será de 3.

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS: Dende o 16 de maio ao 3 de xuño permanecerán expostas no vestíbulo do centro. A Resolución dos premios fárase por votación de tódolos membros da comunidade educativa nunha urna, en horarios que se farán públicos,e que terán lugar o día 1 de xuño de 2011 (cada persoa votará por dúas fotografías).

Entre os votantes sortearase un pendrive.

: Existe unha única categoría. Entregaránse 3 premios:

1º clasificado: Diploma e cámara dixital.

2º clasificado: Diploma e marco dixital.

3º clasificado: Diploma e mp4

A participación no presente concurso leva consigo a aceptación destas bases. As fotografías pasarán a ser propiedade da A21 do IES A Sangriña d´AGuarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña da A21 tanto a nivel escolar coma supraescolar

 

I Festa da Lingua do IES A Sangriña


Nos días 23, 24 e 25 de febreiro de 2011 tivo lugar no IES A Sangriña a I Festa da Lingua, organizada polo alumnado do Equipo de Normalización da Lingua Galega, especialmente por Alba Cividanes Ortega e Andrea Araújo Alonso. 

Celebráronse actividades de enorme calidade, entre as que destacaron as conferencias de Carlos Callón e Séchu Sende, así como o tributo a Rosalía de Castro, que se reproducen a continuación.

No blogue do Equipo de Normalización da Lingua Galega, creado polo alumnado, pódese atopar máis información.

Conferencia de Carlos Callón

Conferencia de Séchu Sende

Tributo a Rosalía de Castro

Distribuir contido


by Dr. Radut