Skip to Content

Charla sobre drogas, acoso escolar e violencia de xénero no IES A Sangriña

cartaz charla

O luns día 28 de marzo de 2011 no IES A Sangriña ofrecemos unha conferencia dirixida a pais nais, e todas as persoas interesadas en ofrecer unha educación a nenos e nenas e adolescentes que teña como obxectivo principal establecer entre as persoas relacións de respecto. A charla estará a cargo de Pilar Lagos, especialista da Garda Civil na loita contra a violencia de xénero e as agresións a menores, que dirixe o EMUME da provincia de Pontevedra.

Desde a Dirección do instituto convidamos e animamos a todas as persoas que o desexen a asistir a esta charla de enorme interese.

Ademais, na xornada escolar tamén se ofrecerán charlas dirixidas ao
alumnado de diferentes niveis:

09:00 A
11:00
 


3º E 4º DE ESO DROGAS E
VIOLENCIA DE XÉNERO
11:00 A 11:55 
1º E 2º DE ESO ACOSO ESCOLAR
16:00 A
17:35    
1º DE BACH. DROGAS E VIOLENCIA
DE XÉNERO
18:00 A 19:45 
PCPI DROGAS E VIOLENCIA DE XÉNERO

 



story | by Dr. Radut