Skip to Content

Galicia Skills

 

 

 

 

 

 

Este ano celébrase por primeira vez  o I Campeonato Galego de Skills da FP, no que o centro IES A Sangriña vai estar representado polo alumno Martín Martínez Rodríguez do 2º ciclo medio de carrozaría.
Este alumno vai participar na categoría de pintura de vehículos que se celebrará en Lugo o 20 de novembro, desde as 09:30 da mañá ata as 14:30 e pola tarde das 16:00 ata as 18:30. Pódese seguir pola internet no seguinte enderezo: 
http://www.comforp.org

¿En que consiste Galicia Skills?
As clasificacións das distintas categorías celebraranse ao longo deste mes de novembro en distintos centros educativos de toda Galicia nas especialidades de Peiteado, Deseño web, PC e Soporte de rede, Pintura de vehículos, Reparación de carrozarías de vehículos, Tecnoloxía do automóbil, Cociña, Tecnoloxía de moda, Coidados de beleza, Ebanistaría, Carpintaría e Servizos de restaurante e bar.
Neste I Campeonato Galego de Skills da FP haberá tres clasificados por cada especialidade, que recibirán a correspondente certificación. O primeiro clasificado de cada skill representará á Comunidade Autónoma de Galicia no Campeonato Nacional da Formación Profesional que se celebrará en Madrid no mes de abril de 2011. Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo de ter participado en GaliciaSkills 2010.
Na primeira semana de abril de 2011 celebrarase en Madrid a XXXIII edición das Olimpiadas da Formación Profesional SpainSkills 2011, nas que estudantes de distintos ciclos formativos de Formación Profesional procedentes de centros educativos de todas as Comunidades Autónomas e Ceuta e Melilla medirán as súas destrezas e habilidades en cerca de trinta skills ou profesións.
Cada participante demostrará a súa competencia profesional durante catro días de competición a través dunha ou varias probas.



story | by Dr. Radut