Skip to Content

Reportaxe do Certame de poesía Xela Arias

O pasado día 9 celebrouse o acto de homenaxe a Xela Arias. O poeta e profesor Carlos Negro ofreceu un obradoiro de poesía para alumnado de ESO. Tamén se encargou da conferencia sobre a obra de Xela que se ofreceu para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Despois da exposición do poeta un grupo de alumnos (Rosabel, Zaira, Óscar, Rocío, Andrea, Sheila) ofreceron un recital - homenaxe de poemas de Xela. Tamén participaron no recital artistas recoñecidos, o propio Carlos Negro, o cantor Tino Baz e o músico Alfredo Garrido.
Finalmente leuse a acta do xurado e entregáronse os premios aos xoves poetas que acudiron ao acto. Sara Martínez, do IES de Sanxenxo mereceu o primeiro premio na modalidade A e Óscar Rodríguez o segundo premio na mesma modalidade. Os dous leron as obras premiadas, que recibiron o emocionado aplauso dos asistentes.
Ao acto asistiron Valentín Arias, Amparo Castaño e
Lois Arias Castaño, aos que manifestamos o noso cariño e agradecemento.
O Certame de Poesía Xela Arias é organizado polo Equipo de Normalización Lingüística e pola Dirección do IES A Sangriña.

9 de xuño de 2010


story | by Dr. Radut