Este curso debido á situación que estamos a vivir non podemos disfrutar da biblioteca de forma física, pero a Biblioteca Arcebispo Xelmírez II segue funcionando!
Ao longo do curso realizaremos diferentes actividades e, xa temos o SERVIZO DE PRÉSTAMO activo. Só tes que facernos chegar a túa solicitude e nós farémoscha chegar.
PASOS A SEGUIR PARA UNHA SOLICITUDE:
1.- Consulta o catálogo da biblioteca no Proxecto Meiga, aqui tes o enlace:
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED091
Se non aparece o libro que necesitas, fai igual a túa solicitude, pode que aínda non apareza no catálogo ou , se non o temos, podemos conseguilo.
2.- Logo, fas a túa petición mediante un correo electrónico indicando
- o libro (título e autor), dvd ou revista solicitado,
- o teu nome,
- curso e grupo ao que pertences
á dirección: bibliotecaxelmirez2@gmail.com
Tamén podes cubrir unha ficha que atoparás no buzón de peticións que está no primeiro andar do centro a carón da biblioteca e introducila neste.
3.-Nos primeiross recreos das mañás dos luns e venres, a encargada da Biblioteca fará a entrega do teu libro
PASOS A SEGUIR PARA A DEVOLUCIÓN:
Introduce o teu libro, DVD, … no buzón de devolucións que atoparás no primeiro andar a carón da biblioteca.
PASOS A SEGUIR PARA A RENOVACIÓN:
Se queres renovar o teu préstamo, debes introducir o libro, DVD, revista,... no buzón de devolucións cun post-it indicando o teu nome e indicando que desexas a súa renovación. Ésta será concedida sempre que non haxa lista de espera .
HORA DE LER
Coa intención de fomentar a lectura entre o noso alumnado, cada semana nos cursos da ESO adicamos unha hora lectiva á lectura. Comezamos este martes 20 de outubro.
Non esquezas traer o teu libro!!!
Aquí vos deixamos o calendario da hora de ler