A biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez II está situada no primeiro andar do edificio principal. É un espazo amplo e multidisciplinar con varios ambientes diferenciados no que se poden desenvolver actividades diversas ademáis de gozar de tempos de lecer.
Instalacións
Entrando, á dereita atopamos o mostrador para información e servizo de préstamo, con posto de traballo para o responsable de garda en cada momento dotado coa equipación dixital correspondente.
Desde a entrada, á esquerda atopamos a zona de mesas e sillas para desenvolvemento de sesións, actividades complementarias e para ratos de estudo ou consulta de libros por parte do alumnado. Toda a zona está rodeada por un gran número de estanterías nas que os libros a disposición dos usuarios da bibliteca están organizados por temáticas e co correspondente código para o seu rexistro e préstamo.
Na parede que está fronte a entrada, a bibliteca dispón de amplos ventanales que proporcionan durante todo o día abundante luz natural, que se pode regular grazas aos estores. Xunto a esa parede atopamos en primeiro lugar os postos informáticos. A biblioteca conta con varios ordenadores con conexión a internet e nos que o alumnado pode completar as súas consultas e editar traballos con axuda dos programas de libre office que precise.
O mobiliario complétase cunha zona central de estanterías baixas, que non dificulta a circulación da luz, pero que serve de separador entre a zona dixital e de libro impreso e que tamén é moi util para destacar novidades ou libros acordes a conmemoracións concretas do curso escolar e incluso para a realización de exposicións de traballos do alumnado.
En xeral conta cun mobiliario versátil e fácil de mover que se pode adaptar en función das actividades previstas e das necesidades de cada momento. Contamos ademais cunha zona de mesa e asientos mais informal para consulta de revistas en tempos de lecer e outra zona de lectura no vestíbulo do centro, que se pode ver na imaxe baixo estas liñas e que xa se converteu nun dos espacios favoritos do alumnado nos recreos.
Servizos
A nosa biblioteca está integrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia (PLAMBE) e como tal nos últimos anos converteuse en centro neurálxico de moitas das actividades que se desenvolven no centro. Incluindo tanto actividades ordinarias, cotiás no día a día, como outras especiais e complementarias organizadas en relación con conmemoracións ou situacións máis específicas. Destacamos:
- Hora de ler: cada semana en todos os cursos da ESO adícase unha hora lectiva á lectura, o alumnado conta cun caderno no que vai recollendo a súa experiencia cos libros que vai lendo nesa hora e que serve ao profesorado como ferramenta de retroalimentación con respecto á experiencia.
- Espazo de ocio, lectura e estudo no tempo libre: a biblioteca permanece aberta durante todos os recreos cun profesor de garda que se encarga da súa xestión durante ese tempo. (Durante este curso 2020-2021 non é posible)
- Buscas de información integradas nas actividades lectivas: algunhas das sesións de todas as materias desenvólvense na biblioteca na que o alumnado ten acceso a moita información en distintos formatos ideal para a realizaciónd de actividades guíadas de investigación.
Mantédevos sempre informados de todas as novidades e actividades relacionadas coa nosa bibliteca seguindo o seu blog, "Mar ao Norde", ao que podedes acceder premendo na imaxe baixo estas liñas.