Skip to Content

Biblioteca

Día das Bibliotecas Escolares

Anímate a participar nas actividades da biblioteca!

Samaín 2024 na Biblioteca

Chega o Samaín e o noso concurso!

Que non se che pase o prazo!

Hora de ler

O luns día 16 de outubro comeza  a Hora de ler deste  curso

 

Enquisa hora de ler para alumn@s

A Biblioteca do centro está elaborando unha enquisa da "Hora de ler"

Día das bibliotecas

Baixo o lema “BiblioTEcuida” celébrase o 24 de outubro o día das Bibliotecas e dende o noso centro queremos celebralo contigo. Agardámoste durante os recreos. 

¡Vente!

Tes máis información neste enlace

17 de Outubro: día das escritoras

O pasado luns 17 de outubro celebrouse o día da muller escritora e dende o equipo da Biblioteca quixemos facerlle un merecido recoñecemento a tódalas mulleres escritoras. 

Grazas a Sara e Estela por crear tan fermoso cartaz e ao alumnado do desdobre 1 1ºESO B/C 

III Concurso de Relatos de Medo

Temática: O terror nalgunha relación do máis alá, a irrupción dos mortos no mundo dos vivos ou de vivos no mundo dos mortos...

Participantes: todo o alumnado do centro

Formato: relato manuscrito ou empregando un procesador de textos

Lingua: Calquera das que se estudan no Centro

Prazo de entrega: antes de 28 de outubro

Entrega: Pide os sobres en conserxería: no pequeno introduce o teu nome e grupo e por fóra escribes o teu pseudónimo, péchao e introdúceo xunto co teu relato no sobre grande. NON o teu nome. Finalmente introduce o sobre no buzón de devolución de libros. Tamén podes facer a entrega mediante mail a bibliotecaxelmirez2@gmail.com como un arquivo adxunto no que só poñerás o pseudónimo e na mensaxe indicarás ademáis o teu nomee grupo. O xurado non verá en ningún momento a que pertence o relato

Cartaz

Información sobre a Hora de ler

Que é a Hora de ler?

A Hora de ler é o programa específico de fomento da lectura organizado polo Equipo da Biblioteca deste instituto. Leva funcionando xa varios cursos, desde a incorporación do noso centro ao PLAMBE (Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares).

Na Hora de ler dedícanse durante todo o curso unha serie de sesións de clase á lectura libre. No programa participa todo o alumnado de ESO.

Calendario da Hora de ler

Nas aulas do alumnado da ESO, así como na sala de profesores, estará visible o calendario da Hora de Ler para este curso 2022-2023. Este curso haberá 25 sesións de lectura. O día que corresponde á Hora de ler aparece marcado cun icono. Máis abaixo especifícase a sesión concreta que corresponde a cada día.

Enlace ao Calendario

Que se pode ler?

A Hora de ler é un programa de lectura libre, non dirixida.

O alumnado ten que traer da súa casa ou pedir en préstamo na Biblioteca do instituto calquera tipo de material de lectura (libros, cómics), en función dos seus gustos. Vale tanto o soporte tradicional en papel como o libro electrónico (ebook).

O alumnado pode tamén aproveitar a Hora de ler para ler aqueles libros de lectura obrigatorios ou recomendados polos diferentes departamentos.

Importante:

Na Hora de ler non se admiten como materiais de lectura xornais ou revistas, así como non se permite o móbil como soporte da lectura.

A Hora de ler, como programa de lectura libre, non pode ser utilizada polo alumnado nin para estudar, traballar co libro de texto ou facer tarefas escolares.

Cando ocasionalmente un alumno/a non traia o material de lectura, o profesorado deberá indicarlle qué actividades debe facer. Se algún alumno ou grupo de alumnos non trouxesen material de lectura de modo frecuente tede en conta que se trata dunha actividade de carácter obrigatorio. Poñédevos nese caso en contacto coa responsable do Equipo da Biblioteca.

O profesorado durante a Hora de ler

A mellor promoción da lectura é o exemplo: pedímoslle ao profesorado que durante a Hora de ler dea exemplo ao alumnado traendo tamén o correspondente material de lectura.

Avaliación da Hora de ler

A Hora de ler nin é unha actividade académica nin é avaliable. Nada impide, porén, que cada profesor/a poida dentro das posibilidades que lle permitan os criterios de avaliación do seu departamento didáctico, ter en conta as lecturas feitas, o Caderno de Viaxe e a actitude ante a Hora de ler á hora de dar a cualificación final do seu alumnado.

O Equipo da Biblioteca realiza sempre a final de curso unha enquisa entre o alumnado da Hora de Ler para avaliar a actividade e incorporar estes resultados á Memoria final do PLAMBE.

En Outubro comezan as actividades...

Despois de analizar o Plan de Igualdade e que os titores realizasen unha serie de preguntas, exposición de temas, etc. viron a importancia de crear conciencia entre parte do alumnado antes de crear propiamente unha equipa de igualdade con eles e tamén outra co profesorado. Foi necesario descubrir a que nivel de profundidade tiñan coñecemento para evitar prexuízos e estereotipos e tamén para determinar en que curso era primordial unha maior fincapé coas charlas, foros ou conversas sobre o tema.

Usamos algúns recreos para conversar de maneira distendida cos rapazada, propoñer lecturas e ver as súas reaccións con respecto ao machismo, as desigualdades sociais...

Nese momento coa  axuda da responsable da biblioteca, Ana Belén Blanco Varela revisamos o fondo bibliográfico existente en Iguadade e xurdiu a creación do “Recuncho Lila”, un pequeno expositor con libros sobre igualdade para que fose moi visible. Observamos que había exemplares acordes a un nivel de 1.º e 2.º de BACH pero que non había moitos libros a niveis baixos. Ese tamén foi un dos motivos polos que pensamos que era esencial traballar máis con eses cursos.

Desta forma a rapazada podería curiosear e levalos para ler na casa. Así non só contribuímos ao Plan Lector, senón que tamén activamos as súas ganas de saber.

Tamén foi decisivo ver cales eran as disciplinas onde a desvantaxe ou o nesgo de xénero era máis evidente; e o Deporte e a Economía foron dúas temáticas nas que centramos moitos dos debates. As materias de Lingua Galega e de Lingua Castelán foron esenciais para a realización tarefas de investigación sobre mulleres na ciencia, na literatura, na música... e por suposto, no deporte e na economía.

Recuncho lila

Ver fotos

Visita da xuíza Ana López Suevos

Enquisa da Hora de ler para o alumnado

Felicitación de Nadal da Biblioteca

Coa postal gañadora do noso concurso de postais a Biblioteca do Xelmirez II deséxabos unhas felices festas.Noraboa á gañadora e os participantes.

III Concurso de relatos de medo para festexar Samaín

Convocamos ao alumnado de todo o centro a participar no III Concurso de relatos de medo para festexar este Samaín

Distribuir contido


by Dr. Radut