Skip to Content

En abril, libros mil

 

A Biblioteca quere celebrar o mes de abril, o mes dos libros, averiguando cal é o libro preferido do alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II, entre todos os participantes sortearemos algúns exemplares das últimas novidades de lectura xuvenil. Moita sorte!!

Sabes por que se considera este mes como o mes dos libros?

Pois porque hai dúas datas relevantes durante este mes:

  • 2 de abril "Día internacional do libro infantil e xuvenil", día no que naceu o escritor danés Hans Christian Andersen famoso polos seus contos para nenos coma: O patiño feo, A sereíña, O traxe novo do emperador,...

  • 23 de abril "Día mundial do libro", día do falecemento de 3 grandes escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega (Gómez Suárez de Figueroa) no ano 1616.



page_ppp | by Dr. Radut