Skip to Content

contador gratis para blog

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Idioma extranxeiro

Comezar no cole

A volta ao cole sempre é unha experiencia emocionante. Reencontrarse cos compañeiros, cos profes, cos espazos de xogo e aprendizaxe... e as emocións aínda son máis grandes cando é a túa primeira vez. O novo alumnado de infantil, que se incorpora ao CPI Virxe da Saleta, está a experimentar moi boas sensacións no inicio da súa actividade educativa. Atópanse moi integrados, participativos e ledos ao longo da xornada escolar. Como para as familias tamén é unha experiencia intensa as mestras de infantil queren compartir esta galería de imaxes con todas ellas para que poidan ver ás súas fillas e fillos no contexto escolar.

VER GALERÍA

 

EXCURSIÓN DE 3º E 4º DE PRIMARIA A O GROVE

Os alumnos e as alumnas de 3º e 4º de Primaria fomos o pasado venres de excursión a O Grove. Visitamo o Acuario Galicia, onde vimos moitos animais mariños de agua doce e salgada. A continuación coñecemos o arte da salgadura e das conservas no Museo da Salazón. Xantamos na illa de A Toxa,onde xogamos e visitamos unha curiosa igrexa recuberta con cuncha de vieiras. Finalmente, fomos en catamarán pola Ría de Arousa...vimos unha batea de cerca e como cultivan ostras, mexilóns e vieras. Degustamos mexilóns cociñados ao vapor e bailamos na cuberta do catamarán. Vaia troula!

XOGADE: Xogando ao Atletismo

O pasado mércores, 20 de maio, houbo unha nova edición de Deporte Escolar (XOGADE), está vez tocoulle ao Atletismo. Parabéns para os nosos alumnos e alumnas polos premios acadados.

 

XOGADE: MINIBALONMÁN

Fixéronse esperar... por fin, xa está aquí a galeria de imaxes da actividade de "Mini-Balonmán" dentro do programa XOGADE de Deporte Escolar.

 

SERÁN NO COLE DE CEA

O próximo venres, 29 de maio, a partir das 19:00 horas, toda a Comunidade Educativa e aquelas persoas que desexen acercarse ao cole poderán participar no Serán.

Haberá moita música, empanadas, refrescos..

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2015

O próximo mércores, 3 de xuño, convidámosvos a todas as familias á coñecer o Centro de 11:00 horas a 12:00 horas, nunha nova xornada de "portas abertas".

GAÑADORES E GAÑADORAS DO SORTEO DAS CESTAS LITERARIAS 2015

      O pasado venres 24 da abril, con motivo da celebración do Día do Libro 2015, realizouse o sorteo dos lotes de libros que agasalla a Biblioteca "Cestas Literarias".

    Había un lote para E. Infantil, tres lotes para E. Primaria e dous lotes para E.S.O.

   O alumnado premiado foi o seguinte:

      * Daniela (4 anos)

      * Laura García (2º EP)

      * Patricia (4º EP)

      * Pablo (5º EP)

      * Fabio (1º ESO)

      * Nieves (3º ESO)

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Conmemoración ao Libro

"Don Quijote de la Mancha”

 16:00 horas: Introducción ao acto do “Día do Libro”. 

 16:05 horas: Lectura do capítulo primeiro polo alumnado de Primaria.

 16:15 horas: Lectura dalgúns episodios do libro “Don Quijote de la Mancha” de Miguel de Cervantes polo alumnado de ESO.

 16:25 horas: Representación teatral polo alumnado de 6º de Primaria da secuencia dos “muiños de vento” do libro “Don Quijote de la Mancha” de Miguel de Cervantes.

 16:30 horas: Sorteo das Cestas Literarias e entrega da agasallos.

Xornadas de Orientación VI

Un ano máis a dirección e o departamento de Orientación do C.P.I. Virxe da Saleta, en colaboración cos Concellos de San Cristovo de Cea e de Piñor poñen en marcha asXornadas de Orientación Académica e Profesional. Destinadas ao alumnado da E.S.O. e ás súas familias chegan este ano á súa VI edición. Celebraranse, como en anos anteriores, na aula de música do CPI Virxe da Saleta.A primeira das dúas xornadas será o próximo lunes, 20 de abril, a partir das 15:30 h., sobre Formación e Inserción Laboral, coa participación dos seguintes poñentes:

D. Noemí González Camba. Licenciada en Dereito. Xuiza de Instrucción. Exalumna do CPI Virxe da Saleta.

D. Sonia Moral Álvarez. Esteticista e Terapeuta Natural. Xefa da Perruquería Moral. Exalumna do CPI Virxe da Saleta.

D. Oscar Rodríguez Gómez. Bombeiro no Parque Comarcal de Chantada.

Dª Marta Pérez Adán. Licenciada en Mediciña. Xinecóloga do Hospital Cristal- Piñor.

Dª Nuria Álvarez Rodríguez. Diplomada en Turismo. Máster en Planificación e Dirrección de Empresas Turísticas. Traballadora da Empresa de Organizacións de Eventos ServiturCea.

 A seguinte xornada está prevista para o mércores día 22 de abril, a partir das 15:30 h., sobre o Emprendemento e Mundo Laboral, coa participación dos seguintes poñentes:

D. José Enrique Rodríguez López. Fundador da empresa Rodríguez López Auto.

D. Omar Rodríguez Reboredo. Policía do Corpo Nacional de Policías. Exalumno do CPI Virxe da Saleta.

Dª. Uxía Alonso Crespo. Enxeñeira Técnica Forestal e Enxeñeira de Montes. Xerente da empresa “Frutos da Mellora”.

Dª. Fatima Fernández Fernández. Xornalista. Exalumna do CPI Virxe da Saleta

D.ª Hilda Rodríguez Fernández; Licenciada en Farmacia. Farmacéutica de San Cristovo de Cea.

 

A ECLIPSE SOLAR

 O venres 20 de marzo a partir das 9 da mañá haberá unha eclipse de Sol. Será unha eclipse parcial. Quedará una pequena franxa sen cubrir, a Lúa tapará o Sol nun 80 %.

 Será un espectáculo digno de ver. Ese día será o último día de inverno. Non se anuncia ningunha nube nin chuvia o cal facilitará a visión do espectáculo.

 

Como se produce unha eclipse solar?

 O percorrido aparente que realiza o Sol, a Lúa e os Planetas de Este a Oeste segue un intinerario conocido como a eclíptica. As eclipses prodúcense precisamente porque ás veces estes interpoñense no camino dos outros.

 Ese día a Lúa sairá as 7:30 da mañá e realizará o percorrido ata o ocaso, pasadas as 8:00 da tarde. O Sol que amanece cinco minutos máis tarde, alcanzará a Lúa hora e media mais tarde.

 

A eclipse durará bastante tempo. As asociacións astronómicas realizan actividades para seguir os pasos con seguridade. Recoméndase non utilizar gafas de sol nin radiografías para a observación directa. Hai unhas gafas homologadas que serían as correctas para ver este fenómeno astronómico.

O mesmo día antes da media noite chegará a primavera. Non haberá outra eclipse solar ata o 2017 en agosto. Para poder velo en Galicia haberá que agardar 11 años... ata o 12 de agosto de 2026.

 

Mª del Carmen Blanco González

5º de Primaria

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut