Skip to Content

contador gratis para blog

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Idioma extranxeiro

RADIO PARA A PAZ

Este ano, para conmemorar o Dia da Paz e grazas a inestimable colaboración dun grupo de radioaficionados ourensáns, no CPI Virxe da Saleta participamos nunha actividade organizada polo URE (Unión Radioaficionados Españoles).
 
Así que durante un día na nosa aula de informática montouse unha estación de radio, e por turnos os alumnos e os profesores puidemos establecer comunicación con outros centros e radioaficionados de diferentes partes de España (Asturias, Cáceres, Pontevedra, Madrid, Cataluña, Ourense), que moi amablemente conversaron con nós, ofrecéndonos opinións, comentarios e consellos e sobre todo moi boas e agarimosas palabras.
 
Foi para todos unha moi boa experiencia, permitiunos coñecer algo máis do interesante e descoñecido mundo da radioafición, e comprobar unha vez máis como a comunicación é unha ferramenta  indispensable para a PAZ.
 
 

View all

Ciclo de Cinema no CPI

No CPI Virxe da Saleta seguimos dando pasos cara adiante na construcción da nosa Comunidade de Aprendizaxe. Cremos que a implicación de todos os axentes que inflúen na educación é fundamental para acadar o éxito escolar e a igualdade educativa. Por iso é que poñemos en marcha proxectos como o I Ciclo de Cinema: Cinema e Educación. A partir deste venres día 7 proxectaremos unha película cada primeiro venres de mes (agás o venres 9 de maio xa que o 2 é ponte). Nesta primeira ocasión apostamos polo cinema que pon a educación, os seus retos e conflictos, en primeiro plano. Catro filmes de nacionalidade francesa cos que queremos fomentar o debate e a reflexión sobre os procesos educativos. Estades todas e todos convidados, vémonos este venres ás 20:00h na Biblioteca do centro, onde proxectaremos Ser y Tener do documentalista Nicolas Philibert do ano 2002.

Reciclar, Reciclarei

Quen dixo que a reciclaxe está rifada coa beleza? Pódese ser eco e tamén cool. Por se tedes algunha dúbida mirade como o noso alumnado da ESO marca tendencia. Os resíduos poden ser algo bonito. Deseño e medioambiente van da man coa actividade Reciclar, reciclarei.

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

No Día da Paz e Non Violencia, na aula de cinco anos estiveron traballando con un poema de  Gloria Fuertes titulado: Sólo tres letras.

En internet atopamos este video que queremos compartir con todos.

FELIZ DÍA DA PAZ!

 

 

O Mapa das Emocións

Un ano máis celebramos  o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Lembraredes que o ano pasado o noso leit motiv foi a Alegría. Cantamos aquela bonita canción de Sergio Tannus xuntos na entrada do colexio acompañados ao piano pola profe Anna Bosak. Nesta ocasión afondamos na mesma idea: a felicidade. A comunidade escolar do CPI Virxe da Saleta estamos convencidos de que a mellor maneira de convivir en paz os uns cos outros é estar felices. Querer e deixarnos querer. Sentir os afectos dos que nos rodean. Os coidados e os sentimentos son a chave para unha convivencia pacífica en sociedade. Na escola, na casa, no pobo, no país e no mundo. Só tecendo eses fíos que nos unen a unhas persoas coas outras seremos capaces de construir a paz. Por iso o traballo deste día é o #MapadasEmocións. Unha narración oral acompañada coa preciosa música de Ludovico Eunaldi onde o alumnado do centro conta que é aquelo que lles fai felices, que lles fai sentir ben, sentirse queridos polos demais. Agardamos que a súa escoita sirva de inspiración para todos. Sobre todo para os maiores, que nunca deixaremos de aprender das palabras sabias dos pequenos.

 

Almorzos Saudables

Os Almorzos Saudables son un novo servizo que ofrece o centro para dar resposta á necesidade de conciliar a vida familiar, laboral e escolar. Grazas á colaboración do Concello de Cea e máis a ANPA, a partir do 1 de febreiro, aquel alumnado que o desexe disporá dun servizo de almorzo máis actividades en horario de 8:30 a 10:30. Nos vindeiros días enviaremos unha circular informativa a todas as familias sobre este novo servizo.

 

 

#amaramúsica

Amar a música é un proxecto pedagóxico enmarcado nas actividades complementarias que desenvolve o centro. Durante o presente curso o profe David convoca ao alumnado de Secundaria unha hora á semana na Biblioteca Escolar para realizar audicións activas de grandes obras da música clásica. Holst, Saint-Saëns, Bach e outros grandes compositores enchen coas súas músicas os recunchos da nosa sala de lectura. Con esta actividade perseguimos o dobre obxectivo de dar a coñecer a historia da música e comprender a capacidade expresiva desta linguaxe artística.

Algunhas actividades propostas son: averiguar cales foron as razóns de Chaikovski para compoñer a súa última sinfonía; identificar os animais descritos musicalmente no Carnaval dos Animais; averiguar cal é a emoción de cada un dos Planetas de Holst; comparar as oberturas das óperas Guillermo Tell de Rossini e Tristán e Isolda de Wagner e inventar historias a partir destas; analizar os recursos usados por Wagner na súa obra; relacionar obras pictóricas coa música de determinadas épocas…

Ademais, os alumnos participantes gozarán dunha excursión a Santiago para escoitar un concerto de música clásica con obras de Bethoveen, Stravinsky e Debussy a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia.

The First Noel

Aquí tedes un anaquiño do noso encontro de Cantos de Nadal 2013. É a intervención musical do alumnado de 6º de Primaria interpretando con instrumentos de láminas a panxoliña The First Noel. Aquí podedes ler algo sobre a historia desta canción tradicional do nadal Inglés: The First Noel en Wikipedia (en inglés).

Ande ande ande, o cole de Cea

Ande ande ande, o cole de Cea, ande ande ande que hoxe está de festa. Así remataron os nosos Cantos de Nadal 2013 todos xuntos, alumnado e profesorado cantando para despedir o 2013. Xuntámonos no ximnasio, que é un lugar con non moi boa acústica, para botar unhas panxoliñas. Pero non hai nada que non solucione o entusiasmo e o bo facer das nenas e nenos do cole. E así foron sonando: The First Noel, dos de sexto, Vinde ver o neno con quinto de primaria, Con un sombreiro de palla co alumnado de segundo ciclo, Tan tan os do primeiro e un repertorio variado interpretado polos de Infantil. Todo enlazado cunhas presentacións super divertidas dos de 4º da ESO. Entre elas o gran éxito do sketch do ano pasado: O Sacho Antón, que pronto poderedes ver no youtube. A foto ilustra exactamente ese momento no que Jota e Crespo interpretan esa teletenda tan disparatada.

DINOEXCURSIÓNNNN GRAAURRR

É tempo de nadal, panxoliñas, turrón, festa. Tamén de exames e avaliacións no cole. E con todo isto aínda nos queda tempo para unha excursión. Nesta ocasión fomos as nenas e nenos do segundo ciclo de Primaria ao IFEVI de Vigo ver a exposición Days of the Dinosaur. Unha experiencia xurásica!!! Alucinamos e aprendemos ao mesmo tempo coas historias destes auténticos reis da Terra. Agora somos uns auténticos expertos do Paleozoico, do Mesozoico e máis do Cenozoico. Os dinosauros xa non teñen segredos para nós, aínda que cremos que é mellor velos así, como fósiles, que o que sería atoparse con un de verdade.

Distribuir contido


by Dr. Radut