APRENDENDO
PARA UN
MUNDO MELLOR
Amar a música é un proxecto pedagóxico enmarcado nas actividades complementarias que desenvolve o centro. Durante o presente curso o profe David convoca ao alumnado de Secundaria unha hora á semana na Biblioteca Escolar para realizar audicións activas de grandes obras da música clásica. Holst, Saint-Saëns, Bach e outros grandes compositores enchen coas súas músicas os recunchos da nosa sala de lectura. Con esta actividade perseguimos o dobre obxectivo de dar a coñecer a historia da música e comprender a capacidade expresiva desta linguaxe artística.
Algunhas actividades propostas son: averiguar cales foron as razóns de Chaikovski para compoñer a súa última sinfonía; identificar os animais descritos musicalmente no Carnaval dos Animais; averiguar cal é a emoción de cada un dos Planetas de Holst; comparar as oberturas das óperas Guillermo Tell de Rossini e Tristán e Isolda de Wagner e inventar historias a partir destas; analizar os recursos usados por Wagner na súa obra; relacionar obras pictóricas coa música de determinadas épocas…
Ademais, os alumnos participantes gozarán dunha excursión a Santiago para escoitar un concerto de música clásica con obras de Bethoveen, Stravinsky e Debussy a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia.