Skip to Content

contador gratis para blog

Blogues

O INVERNO

Os alumnos de 6º de Infantil disfrutaron facendo o seu mural de inverno .

Entre todos fixeron esta cousa bonita

O Entroido é o Carnaval

O Entroido é Carnaval é o lema da festa deste ano no noso centro. Como xa saberedes o Entroido é a entrada na primavera, o renacer da vexetación e tamén o principio da cuaresma cristiana. O Carnaval ven do latín carne levare é dicir, o comezo da época na que non se pode comer carne. Coa celebración deste ano queremos tender unha ponte entre o Entroido tradicional galego e o Carnaval máis famoso do mundo, o Brasileiro. Este vernes 28 ás 15:45h faremos unha batucada escolar que levamos traballando durante dúas semanas. O alumnado construiu maracas, tambores e baquetas con material de refugallo. Coa axuda dos PerQtores de Seixalbo faremos retumbar os cimentos do cole cos nosos ritmos. Queredes ensaiar na casa? Aquí tedes os ritmos. E tamén unha galería do xoves no recreo seguindo as ordes da Meca para vir disfrazados de profesións.

 

Amantes da música clásica

Velaquí aos compoñentes do grupo de afeccionados á música clásica, que todos os mércores se reúnen na biblioteca durante o recreo da tarde e que, baixo a batuta do profesor de Historia, escoitan e comentan pezas de música clásica.

Durante este mes eles son os protagonistas do "Conto contigo": os mércores, durante a hora de ler de primaria (de 16:00 a 16:30 horas), contarán o conto de "Pedro e o lobo" aos máis pequenos, alternando a narración do mesmo coa visualización da versión animada de Disney e, principalmente, coa audición da famosa sinfonía de Prokofiev.

 

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ...A MECA MANDA VIR ASÍ...

O Entroido chegou ao cole de Cea, e todos nós educadamente faremos o que a MECA nos ordea

 

Hoxe luns, como "ANIMAIS" ruximos.

Mañá martes con "DEPORTES" saltaremos.

O mércores ... xa veremos!

Carreira en Maside

Continuando na liña do artigo recentemente publicado sobre unha visita ao teatro, o alumnado do centro ponse aos mandos da web e, tal que xornalistas, informan das súas actividades escolares e complementarias. Nesta ocasión son as nenas e nenos de 3º de Primaria os que nos achegan unha crónica da xornada de Deporte Escolar celebrada en Maside na que competiron nunha carreira campo a través con alumnado doutros centros da comarca.

Esta carreira foi moi dura, pero aínda así divertímonos. Os nenos eran moi competitivos, tal vez demasiado. O centro vencedor foi o colexio da Uceira. Tamén todos os centros recibiron un trofeo.
Temos moitas anécdotas que contar: Unha nena caeu ao chan porque a empurraron e sangroulle o nariz. Como había moito barro a unha nena saíuselle o zapato do pé e andaba tirando del para sacalo de alí. Había un cabalo que mexou e corría moito e aos nenos resultoulles moi gracioso. Un neno estaba correndo, caeulle un zapato e despois seguiu correndo con el na man. Despois da carreira déronnos barriñas enerxéticas. Un dos nosos compañeiros de 3º de Primaria, David Fernández Rodríguez, quedou en 5º lugar.

O Xogo da Carrasquiña

Dende 1964 cada 30 de xaneiro os centros educativos veñen celebrando o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, (DENIP) coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Durante os días anteriores aproveitamos para falar ao noso alumnado da importancia dos valores que sustentan a nosa convivencia: o perdón, o pacifismo, o diálogo. E o propio día aproveitamos para celebrar con música e artes esta efeméride. Este 2014 a xornada rematou cun baile colectivo que simboliza a unión entre todos os membros da comunidade escolar. Escollemos unha danza cantada que fala de afectos, de cariños e de coidados, ao fío do noso proxecto O mapa das emocións. É un tema interpretado polo grupo Pesdelán titulado O Xogo da Carrasquiña, no seu disco Na Punta do Pé, publicado por Kalandraka. Aquí vos deixamos o vídeo para que xoguedes a atoparvos nel.

 

Alumnado Xornalista

 

O proxecto do CPI Virxe da Saleta avanza no desenvolvemento das Competencias Básicas entre o noso alumnado. Pouco a pouco eles van tomando a palabra tamén aquí na web, desenvolvendo a Competencia Lingüística e a súa iniciativa e autonomía. Nesta ocasión Raul Gallego González, de 6º de Primaria, achéganos a crónica dunha saída escolar ao teatro no Auditorio de Ourense.

TIME TRAVELLERS

O Auditorio estaba todo cheo de nenos e de nenas! De moitos colexios: Cea, Amoeiro, O Irixo... De súpeto apáganse as luces... Ao momento aparece unha ladroa abrindo unha caixa forte e rouba uns documentos secretos pero deixa esquecida a súa mochila con obxectos históricos. Despois soa unha alarma. Logo apareceron dúas persoas e descubriron que lles roubaran os seus documentos. Despois os dous exploradores viaxaron no tempo tres veces para encontrar pistas e poder devolver os obxectos históricos que había na mochila. Viaxaron á época de Cristobo Colón, de Pablo Picasso, a antiga Roma e á Prehistoria. Ao final atraparon á ladroa que se chamaba Joker. E tamén había outra criminal que se chamaba BIG MAMA, ou sexa, mamá grande.

Menú Escolar Febreiro 2014

 

Ciclo de Cinema no CPI

No CPI Virxe da Saleta seguimos dando pasos cara adiante na construcción da nosa Comunidade de Aprendizaxe. Cremos que a implicación de todos os axentes que inflúen na educación é fundamental para acadar o éxito escolar e a igualdade educativa. Por iso é que poñemos en marcha proxectos como o I Ciclo de Cinema: Cinema e Educación. A partir deste venres día 7 proxectaremos unha película cada primeiro venres de mes (agás o venres 9 de maio xa que o 2 é ponte). Nesta primeira ocasión apostamos polo cinema que pon a educación, os seus retos e conflictos, en primeiro plano. Catro filmes de nacionalidade francesa cos que queremos fomentar o debate e a reflexión sobre os procesos educativos. Estades todas e todos convidados, vémonos este venres ás 20:00h na Biblioteca do centro, onde proxectaremos Ser y Tener do documentalista Nicolas Philibert do ano 2002.

Reciclar, Reciclarei

Quen dixo que a reciclaxe está rifada coa beleza? Pódese ser eco e tamén cool. Por se tedes algunha dúbida mirade como o noso alumnado da ESO marca tendencia. Os resíduos poden ser algo bonito. Deseño e medioambiente van da man coa actividade Reciclar, reciclarei.

Distribuir contido


by Dr. Radut