Skip to Content

contador gratis para blog

Blogues

Kiko da Silva

Un dos mellores debuxantes e ilustradores que hai. Un xenio co rotulador e tamén un mestre á hora de divertirnos. Seguro que coñecedes a algún dos personaxes, como Fiz, ou algún dos seus proxectos, como a revista Retranca ou a revista Oink. Pero o que igual non sabedes é que ademais de autor de comic é profesor e empresario. Hai dous anos abriu en Pontevedra a existosa escola profesional de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. O venres 29 de novembro visitou o noso centro en sesión dobre, primeiro unha clase para o alumnado de primaria e despois unha sesión de formación co profesorado. Ademais de aprender moito deixounos un regalo en forma de debuxo. A partir de agora xa nos resultarán familiares palabras como: cliché, síntese, repetición, grafismo, viñeta... Ou nomes tan importantes na historia do audivisual como o de Winsor McCay, o creador dos debuxos animados en... 1911!!!

 

 

 

Panxoliñas que viaxan no tempo

É un auténtico privilexio e unha honra que nos visiten as Avoas da Residencia A Saleta de Cea. Elas son as auténticas portadoras do noso patrimonio inmaterial. Xoias que viaxan no tempo grazas a súa memoria. Estamos falando de cantigas, estrofas, refráns, ditos, lendas, pequenas e grandes historias do nadal. Anécdotas tan bonitas como a de aquela nena que lle pediu un año aos Reis Magos e para a súa sorpresa, trouxéronllo. Ou aquela outra que foi quen de escribirlle unha carta a Franco pedíndolle unha bicicleta. Aquí tedes un anaquiño da súa visita. A escola está viva cando abre as súas portas á comunidade, e os nenos reciben un grande regalo interxeracional coa súa visita.

MENÚ DECEMBRO 2013

MENÚ NOVEMBRO 2013

MENÚ OUTUBRO 2013

Plan Proxecta: Nós comemos froita, e tí?

Un ano máis o noso Centro vai participar no Plan Proxecta: desenvolvendo o proxecto “Froita na escola” no que participa o alumnado de Educación Infantil. Damos así continuídade ao programa xa desenvolvido no curso anterior, poñendo como obxectivo a promoción dunha alimentación saudable tendo como referencia a froita.

Probando diferentes froitas comprobarán os seus beneficios dende un enfoque globalizador onde estarán presentes as TICs, a música e o inglés. Trataremos de implicar ás familias na comprensión da importancia que ten a froita na alimentación.

Graffiti na escola

A arte do graffiti é unha forma de manifestación artística en espazos públicos. Ligado especialmente ao movemento Hip Hop aparece como tal en Nova Iorque na década de 1970. A polémica rodeu este movemento artístico dende os seus comezos sendo comprendido como expresión plástica pero tamén como ferramenta para o vandalismo. Coa súa presenza na actividade complementaria que desenvolve o centro queremos facer reflexionar ao alumnado sobre esta cuestión. Agradecemento a Dash e Abrah, así como a Miguel Doval polas fotos e a xestión.

Unha clase diferente

Traballando as Competencias Básicas na aula. O alumnado toma o protagonismo e "Xogan a ser mestres". Nun tempo dado e en equipos de dous teñen que inventar unha historia onde haxa unha operación de matemáticas. Despois saen a explicala usando castañas e números magnéticos. Cando remata cada grupo avaliamos entre todos que foi o que máis nos gustou e o que cremos que poden mellorar.

O PICURÍ Nº 6 (2006)

Magosto para todas

Uns cantos xogos populares, o auténtico mestre asador de castañas coa súa escumadeira máxica e unhas cantigas populares e xa temos a festa. Que viva o magosto participativo das nenas e nenos de Cea.

Distribuir contido


by Dr. Radut