O Cole de Cea está a piques de cumprir 50 anos. E queremos que cumpra #50AnosMáis. Por iso lle adicamos a portada do nº11 da nosa revista escolar bianual #OPicurí ao futuro do noso centro escolar.
E unha entrada máis, esta está adicada ás voces humanas. Estudiamos no terceiro ciclo as voces de home: tenor, barítono e baixo e máis as de muller: soprano, mezzosoprano e contralto. Tamén sabemos que cando canta só unha persoa chámaselle solista, dúo cando son dúas, trío 3 e cuarteto 4. Cando canta moita xente é un coro ou un orfeón cando é moitísima xente. Normalmente en coros e orfeóns as voces clasifícanse en sopranos, contraltos, tenores e baixos. Aquí tedes algúns exemplos.
Comezamos polo máis grande entre os grandes, Luciano Pavarotti. Esta non é das miñas favoritas, pero sen dúbida das máis coñecidas del e das que captan máis a atención dos alumnos, sobre todo polo seu final.
Agora unha auténtica exhibición de Luciana Serra na famosísima Raíña da Noite da ópera de Mozart a Frauta Máxica. Os momento máis recoñecible está a partires do minuto 6 do vídeo, pero para gozar realmente da técnica desta sublime soprano non vos perdades o minuto 4.
No seguinte dúo pódese desfrutar do magnífico empaste de voces entre unha mezzosoprano e unha soprano. Unha peza tamén moi coñecida, o Dúo das Flores de Lakme de Delibes.
Imos falar de coros. De coros numerosos e cantando ben forte, que parece é o que lle gusta aos nosos nenos. Que vos parece o Carmina Burana de Carl Orff. Poñede o vídeo a partir do minuto 1. E bos planos do coro cantando a partir do minuto 2. Neste vídeo tamén hai bos pizzicatos de vilolín, timbais, gong e uns cambios moi ilustrativos de pianos e fortes súbitos. A partir do minuto 4:10, no Fortune Plango Vulnera podemos escoitar as voces masculinas do coro.
Acabou o curso 2008-2009 e chegan as vacacións... Aínda así, é tempo de música... As festas, as romarías, as bandas de música, as orquestras de baile, os gaiteiros, os concertos... a música vai soar sen parar este verán. Espero que a disfrutedes e que escoitedes con atención todo tipo de música: sempre atoparedes algo que vos faga pasalo ben... Bo verán!
Como despedida, déixovos aquí un vídeo moi divertido no que dous pianistas teñen unha forma moi "peculiar" de tocar a Rapsodia húngara nº 2 de Listz. Un dos músicos, o que está á dereita, é Víctor Borge, un gran pianista dinamarqués que de pequeno tocaba moi ben e que se adicou a dar concertos por todo o mundo e, ademais, realizaba actuacións nas que o obxectivo era pasalo ben e facer rir ao público coas súas excelentes interpretacións...
Beethoven foi un compositor crucial para a evoluciión da música. Empezou sendo un compositor dentro do Clasicismo de Mozart ou Haydn, pero rematou as súas últimas obras xa dentro dunha estética propia do Romanticismo. Aquí tedes unha pequena biografía.
Compuxo multitude de obras para instrumento solista, música de cámara, voz, unha ópera e música orquestral. Dentro desta última destacan as nove sinfonías. A novena sinfonía aporta unha grande novidade: o emprego da voz nunha obra sinfónica. Utiliza voces solistas e un coro ao final da sinfonía. De aquí realizouse un arranxo que chegou a ser o Himno de Europa e que nós tamén coñecemos coma o Himno da alegría.
Hai uns anos, a película Copiyng Beethoven reflexaba a vida e obra do compositor a través da historia dunha copista (persoa que pasa a limpo copiando traballos en borrador) de partituras que axudaba a Beethoven. Aquí tedes un vídeo da Novena Sinfonía onde podedes ver ao director, que é Beethoven, que xa estaba case xordo, dirixindo coa axuda da copista.
Con este teclado virtual podedes experimentar diferentes aspectos que traballamos na clase de música:
As escalas
As alteracións: sostenido e bemol.
O timbre: diferentes instrumentos que se poden tocar co teclado.
A melodía: tocando melodías coñecidas, cancións de frauta.
Inventar cancións e melodías.
Lembrade que as notas en Inglés teñen esta correspondencia en Galego:
C - DO; D - RE; E - MI; F - FA; G - SOL; A - LA; B - SI
As teclas brancas corresponden aos sons naturais; as negras, aos sons alterados (sostidos e bemoles). Fixádevos que entre E-F (mi e fa) e B-C (si e do') non hai tecla negra, porque hai un só semitón.