UNIDADE DIDÁCTICA DE XOGOS POPULARES
Esta unidade didáctica, que trata o tema dos xogos populares, está destinada ao alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria (5º e 6º).
Conta cun total de seis sesións, destinadas a dar a coñecer diferentes xogos populares da nosa terra, e tamén doutras zonas e provincias do noso país.
1ª Sesión: Nesta primeira sesión, e de xeito introdutorio, falamos cos rapaces e rapazas da cantidade de xogos populares que temos na nosa terra. Facemos unha breve tormenta de ideas para que eles digan os que conocen. Despois de esto poñemoslle este vídeo, que lle amosa diferentes xogos practicados por nenos e nenas neutros centros. Son xogos que eles seguramente practicaron algunha vez, pero que non reconocen como xogos populares ou tradicionais (pano, zancos, corro da pataca, o truco…).
Por último, propoñemos que nas seguintes sesións imos traballar algúns destes xogos, e preguntamos si fai falta traer algún material da casa ou no centro dispoñemos de todo o necesario para poder achegarnos a eles. Ao mellor, tamén sería necesario contactar con algunha organización que nos pondera proporcionar determinados aparellos que ao mellor é máis complicado ter nos centros (a chave, o xogo da ra…).
2ª Sesión: Nesta sesión, imos traballar dous dos xogos máis practicados dentro dos populares, e que teñen gran aceptación entre os nenos e nenas. Os vídeos que se lle mostrarán servirán de apoio para ensinarlle cómo se xoga e para que tamén vexan que son practicados neutros lugares e por outro tipo de xente. En primeiro lugar, mostraremos os bolos celta, explicando en qué consiste, materiais empregados, sistema de puntuación, modo de lanzamentos, etc…
Na segunda parte da sesión, o protagonista será o xogo da rá, tamén cun vídeo que amosa a maneira de xogar e lanzar (dun xeito práctico), para posteriormente facelo os propios nenos e nenas. A partires deste momento, todo o alumnado repartirase nestes dous xogos, establecendo quendas de participación.
3ª Sesión: Agora coñeceremos outros dous xogos populares moi arraigados na nosa terra. En primeiro lugar, e seguindo un pouco a estructura da sesión anterior, coñeceremos o aro, coas súas diferentes modalidades de xogo, especialmente o seu transporte.
En segundo lugar, o alumnado coñecerá o xogo da chave, primeiro con un vídeo no que se amosan diferentes lanzamentos, e despois na propia aula.
Ao igual que na sesión anterior, o alumnado repartirase nestes dous xogos para facer todo tipo de competicións, de xeito individual ou por pequenos equipos. Se teñen algunha dificultade co aro, o mestre ou mesmo algún alumno ensinará a técnica aos que por primeira vez entren en contacto con este xogo.
4ª Sesión: Nesta sesión faremos outro pequeño percorrido polos xogos populares tanto da nosa terra como de fora, vendo como aparte de seren practicados en multitude de sitios, tamén son practicados por persoas de todas as idades, todas elas co único obxectivo de divertirse, pasar un bo rato e manter a tradición do xogo popular para que pase de xeración en xeración. Despois de visualizar este vídeo, o alumnado reunirase en grupos e xogará a diferentes xogos populares propostos por eles mesmos.
5ª Sesión: Nesta sesión os nenos comprobarán que os xogos populares poden ser practicados en centros educativos, pero tamén en diferentes espazos públicos, como os parques de moitas vilas de Galiza (Gondomar e Chantada como exemplos), que organizan de cando en vez xornadas para fomentar e exaltar o xogo popular, para que toda a xente o coñeza, e para que os máis pequenos disfruten dos xogos máis antigos. Ejemplos de todo isto témolos neste vídeo, no que despois de visionalo, os alumnos practicarán en grupos os xogos que máis lle chamaran a atención.
6ª Sesión: Esta derradeira sesión estará destinada a facerlle ver ao alumnado que noutros lugares de España tamén é moi habitual a práctica de xogos populares, moitos deles propios de esas determinadas zonas. Neste caso, imos visionar este video, no que se presentan xogos de Castela a Mancha. Os nenos, logo de visionalo, poderán practicar en pequenos grupos os diferentes xogos, facendo especial fincapé os que ainda non viran nesta unidade didáctica.