Skip to Content

contador gratis para blog

blogue deMar

REUNIÓN PARA INFORMAR SOBRE O PROXECTO DE CAMBIO DE HORARIO

LEMBRÁMOSVOS QUE O VINDEIRO XOVES, 5 DE FEBREIRO ÁS 20:00 HORAS, CELEBRARASE UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PROXECTO DE CAMBIO DE HORARIO .

AGRACEDEMOS A SÚA ASISTENCIA

"GAUDEAMOS HODIE"

 

 

O alumnado de 4º. 5º e 6º interpretaron esta fermosa panxoliña no festival de Nadal 2014...e fixéronnos partícipes a todo o público!!

 

UNHA CLASE DO COLE DE CEA

 

 

O alumnado de 3º e 4º de Primaria fixéronnos andar a gargalladas un bo anaco con esta disparatada obra de teatro no festival de Nadal 2014.

XUÍZO RÁPIDO

O alumnado de 4º ESO deleitounos con esta obra no festival de Nadal 2014

NOVA EDICIÓN DE XOGADE: CAMPO A TRAVÉS EN PUZO DO LAGO

 

Esta mañá o alumnado de 4º-5º e 6º de Primaria acudiron a Puzo do Lago para realizar a segunda parte da carreira de campo a través en Puzo do Lago (Maside).

Disfrutaron dunha xornada de confraternización con outros nenos e nenas dos coles da comarca e da natureza. Non fixeron grandes marcas pero gozaron participando nesta actividade e animando aos/ás seus/súas compañeiros/as!!

 

O NADAL CHEGOU AO COLE

 

 

O Nadal xa está aquí!!

 

 

 Os nenos e as nenas de Infantil e Primaria elaboraron coloridas caixas para facer unha árbore de Nadal pouco convencional, creativa, diferente...

 

Os rapaces e rapazas de Secundaria están a facer unha árbore a partir de perchas decoradas, facendo honra ao seu labor de empregar materiais de reciclaxe e da vida cotiá.

Ahh!! Grazas por colaborar traendo serrín, musgo e cortiza para montar o Belén.

 

 

Actividades Extraescolares organizadas pola APA CEPI

 A ANPA CEPI organiza as seguintes actividades extraescolares.

Todas as actividades serán de 15:00 horas a 16:00 horas aproximadamente para o alumnado de E. Infantil e Primaria.

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

Informática  (Infantil)

Aula de Infórmatica 1º piso

Patinaxe

 Pavillón

 

Informática  (Primaria)

 Aula de Infórmatica 1º piso

 

Música e Movemento

(Haberá dous turnos alternos, de 15:00 a 15:45 horas e de 15:45 a 16:30 horas)

Aula de Música

Taller de Talleres

 Corredor do 2º andar do Edificio de Principal

 

 

 

GALERIA DE IMAXES DO MAGOSTO DO COLE DE CEA

Xa temos aquí as fotos da xornada de xogos, xincanas,...a degustación de castañas asadas e da amenizada polo grupo Os Biruxes e as noso alumnado pandereteiro...

 

GALERIA DE IMAXES DO CAMPO A TRAVÉS EN PUZO DO LAGO

Esta mañá o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria participaron nunha nova actividade do Programa XOGADE, concretamente en Campo a Través en Puzo do Lago

 

As froitas son protagonistas no entroido

Os alumnos de Infantil disfrutaron durante toda a semana  facendo caretas divertidas ....

Así quedou o noso traballo... !

Distribuir contido


by Dr. Radut