O pasado venres 24 da abril, con motivo da celebración do Día do Libro 2015, realizouse o sorteo dos lotes de libros que agasalla a Biblioteca "Cestas Literarias".
Había un lote para E. Infantil, tres lotes para E. Primaria e dous lotes para E.S.O.
16:00 horas: Introducción ao acto do “Día do Libro”.
16:05 horas:Lectura do capítulo primeiro polo alumnado de Primaria.
16:15 horas:Lectura dalgúns episodios do libro “Don Quijote de la Mancha” de Miguel de Cervantes polo alumnado de ESO.
16:25 horas: Representación teatral polo alumnado de 6º de Primaria da secuencia dos “muiños de vento” do libro “Don Quijote de la Mancha” de Miguel de Cervantes.
16:30 horas: Sorteo das Cestas Literarias e entrega da agasallos.
O venres 20 de marzo a partir das 9 da mañá haberá unha eclipse de Sol. Será unha eclipse parcial. Quedará una pequena franxa sen cubrir, a Lúa tapará o Sol nun 80 %.
Será un espectáculo digno de ver. Ese día será o último día de inverno. Non se anuncia ningunha nube nin chuvia o cal facilitará a visión do espectáculo.
Como se produce unha eclipse solar?
O percorrido aparente que realiza o Sol, a Lúa e os Planetas de Este a Oeste segue un intinerario conocido como a eclíptica. As eclipses prodúcense precisamente porque ás veces estes interpoñense no camino dos outros.
Ese día a Lúa sairá as 7:30 da mañá e realizará o percorrido ata o ocaso, pasadas as 8:00 da tarde. O Sol que amanece cinco minutos máis tarde, alcanzará a Lúa hora e media mais tarde.
A eclipse durará bastante tempo. As asociacións astronómicas realizan actividades para seguir os pasos con seguridade. Recoméndase non utilizar gafas de sol nin radiografías para a observación directa.Hai unhas gafas homologadas que serían as correctas para ver este fenómeno astronómico.
O mesmo día antes da media noite chegará a primavera. Non haberá outra eclipse solar ata o 2017 en agosto.Para poder velo en Galicia haberá que agardar 11 años... ata o 12 de agosto de 2026.
Este ano celebramos o día da Paz Escolar e Non Violencia traballando pola convivencia, a tolerancia e o respeto a diversidade. O alumnado de Infantil e Primaria visionaron e profundizaron na mediametraxe "O balón vermello" e o alumnado de Secundario fixo un manifesto.
Para rematar o acto fixemos unha solta de globos con ambientación musical do Himno da Alegría. Velaquí algunhas imaxes.
O Equipo de Biblioteca, un ano mais, quere premiar o gusto pola lectura!
Dende o mes de febreiro ata o mes de abril, o alumnado que leve emprestado libros da Biblioteca Escolar daráselle unha papeleta cun número. Debedes gardar esas papeletas numeradas para o sorteo dunhas cestas literarias que se fará o Día do Libro (23 de abril), o sorteo será por etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria).
O vindeiro 14 de febreiro é o día de San Valentín, e por iso dende a biblioteca imos recoller unha escolma de cartas e/ou poemas que xiren en torno o eixo do amor. Poderémolas expoñer no taboleiro. Así que preme o teu corazón e escribe. Xa o dicía Dante: “O amor move ó sol e as demais estrelas”. Móveste?