Skip to Content

contador gratis para blog

blogue deadmin

Menú escolar decembro 2012

Alumnos xornalistas na Galiciencia

Visita a Galiciencia 2012

He visto una carpa en donde nos enseñaban otros niños muchas cosas interesantes. Yo escribía los nombres de los proyectos. Después hemos ido a un taller llamado “15w  de potencia ” en donde había un profesor que nos enseñaba cosas sobre el cerebro y experimentos muy “guais” con un ordenador.

Raúl Gallego 5º de Primaria

En  Galiciencia  vimos  varios  proxectos.  Anque  algúns  dos  que  tomei  nota  parecéronme  interesantes  como  os  de  Cea: F1  por  Iván  e  Diego  de  2º da ESO, o  de  que  comemos  por  Antía  e  Alba  de    de  ESO  e   o  pan  de Cea  por  Sandra  e  Beatriz .  Foron   os  que  máis  me  gustaron.

Gisela  Panadeiros    de  Primaria

Vimos mogollón de proxectos,  algúns  deles eran do noso colexio:  de F1, como non do pan de Cea e dos aceites de palma, outros eran a casa bioclimática, o coche eléctrico, un xogo creado por un rapaz que poñías a túa cara no muñeco, unha biodepuradora...

Gustoume moito. A  ver se dentro duns anos podemos expoñer nós!

Pablo Otero Rozas  5º de Primaria

Eu estaba nerviosa e impaciente por chegar.  A viaxe foi longa pero como estaba tan entusiasmada, non me aburrín. Ao chegar alí, vimos moitos proxectos.  Algúns, gutáronme máis ca outros pero todos eran interesantes. Como por exemplo, o que trataba sobre os conservantes e os colorantes. Cando os vimos casi todos, fomos a unha sala onde, un home chamado Carlos explicounos cousas sobre o cerebro e as ondas que transmite. Despois, realizamos uns xogos e ao final, fíxonos uns trucos de maxia. Foi xenial e moi divertido.Estou desexando volver a repetir esta inolvidable experiencia.

Laura de Manuel González  5º de primaria

O día22 de novembro de 2012 eu e as clases de 5º e 6º de Primaria fumos ao Galiciencia. Pasámolo moi ben,había 45 proxectos de 22 colexios esparexidos por toda Galicia.Había cousas moi creativa e á vez moi útiles na nosa vida diaria.Logo de mirar os proxectos fumos a ver un obradoiro sobre a mente no que o pasamos xenial.Ogallá poidéramos volver o ano que ven.

Xosé Pérez Blanco  5º de Primaria

Galiciencia   pareceume  moi interesante porque tiñan cousas  que un nunca se imaxinaría  como que un filete se necesita 4500 litros de auga e para unha camiseta   1400 litros  de auga . Tamén me gustou porque alí había experimentos de todo tipo como: do pan , dos colorantes , das zapatillas de balet , de formula 1 , de aceite de palma , etc . A min o que mais me gustou foi o obradoiro que houbo  o final.

Andrea Vázquez Rodríguez  5º de Primaria

O día 22 de Novembro fumos a Galiciencia. Había máis ou menos 45 proxectos e tres  eles eran do colexio de Cea. Os proxectos de Cea eran a formula 1 , onde o pan é arte e o aceite de palma. Tamén me gustou o proxecto xogando a crear processing e o meu libro esta vivo. Había un coche electrico que me gustou moito. ¡Ogallá foramos o ano que ven!

Fabio Palmou 5º de Primaria.

Galiciencia é un lugar espléndido, porque os seus inventos son ecolóxicos e vos para a xente e para a natureza. Dos 45 que abia os dous que mais me gustaron foron a”Biodepuradora” que é unha depuradora ecoloxica e se todos tivesemos unha biodepuradora, que podemos estariamos axudando a natureza e non xenerariamos tan mal olor. A masa xelatinosa cando exerces moita presión contra ela endurecese e cando non exerces presión e como xelatina.Pero tamén e voa para as bailarinas por que a silicona derrama os dedos e despois doen o camiñar. ¡Gustoume moito espero volver outro ano!

Alejandro Fdez Fdez

O xoves en Galiciencia vimos varios proxectos , un deles  era de F1 que estaba feito por uns alumnos de Cea. Ese proxecto era moi interesante por que tiña volante, compreso, control, tracción, antibloqueo de frenos, neumáticos e repostos aproximados. Outro proxecto que me gustou moito tamén era do noso colexio chamábase. Pan de Cea e estaba feito por dúas nenas. O seguinte proxecto chamábase humanatureza: era un climatizador que aforraba enerxía feito por unhas nenas do IES Val do Tea. Despois este ultimo proxecto foi o que mais me gustou “A auga invisible” e era do colexio Los Sauces.O proxecto era para aforrar auga.

Alicia 5º

A festa dos froitos do outono

Galiciencia en marcha

Informan en vivo da primeira xornada da Galiciencia 2012. Un ano máis o noso centro volve estar presente con 3 proxectos. Un pouco máis abaixo tedes unha boa explicación deles. Segundo nos contan os de fórmula 1 non paran de recibir visitas, o do pan está todo o mundo encantado do ben que explican e o da alimentación está moi traballado e as defensoras do proxecto reciben moitos eloxios porque saben moito do tema. E é que os nosos nenos están preparados para enfrontarse á vida real e defender calquer proxecto dun xeito competente. Xa pasaron varios xuíces polos stands e parece que lles gustaron. Tamén lles entrevistou a tele. Aquí tedes un collage con imaxes de hoxe mesmo.

A emoción de volver á túa escola

A quen non lle ten pasado voltar á casa onde viviu de pequeno, á escola onde estudou, ao parque onde xogou... e lembrar. Decatarse de que todo é máis pequeno, activar os pequenos recordos, os sons, os cheiros, as cores, as formas. Descubrir como detrás dese recanto segue estando aquelo que ten que estar. Así lle aconteceu á xornalista e ex-alumna do noso centro Fátima Fernández o pasado 15 de novembro cando acudiu como representante da xeración de alumnado que recolleu as cantigas do noso libro. E de regalo deixounos este marabilloso e emocionante texto. Para todos os que non puidestes estar e máis para todos os que o queredes ler de novo, aquí vos vai.

Magosto 2012

Festa, castañas, caras pintadas, unha ginkana, cantamos e bailamos, xogamos a encestar a castaña. En definitiva, un magosto para pasalo ben, ben, ben.

Presentando as cantigas

E para acompañar tan magno evento, como é a publicación do noso libro, presentámosvos unha escolma de cantigas recitadas polo alumnado do 1º ciclo de primaria. A tradición ten futuro no noso centro.

Cóntame e Cántame Avoa

Aquí tedes o noso tesouro de cantigas. Pedras preciosas da enciclopedia do saber popular que viaxan pola rede ata as vosas panallas para que cantedes, recitedes ou simplemente gocedes coa súa lectura. Cántame e cóntame avoa é unha recompilación de cantigas recollidas nos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor, Maside e Ourense.
O traballo xa empezou o ano 2004. O alumnado de infantil, dirixido pola profesora María Carmen Fernández Vázquez, realizou a recollida das cantigas utilizando unha gravadora e un caderno. Este traballo prolongouse durante dous cursos.
O curso pasado, coa axuda da tecnoloxía, dixitalizamos as gravacións e fixemos o deseño do libro, que a dirección do centro imprimiu en papel en edición limitada para as familias que participaron no proxecto e que podemos ler na súa edición dixital. Tamén fixemos un vídeo para presentar o traballo no que o alumnado do primeiro ciclo de primaria recita unha selección das cantigas.
No libro recóllense máis de 600 cantigas agrupadas nos apartados animais, sentimento, emigración, lugares, para cantar e bailar, relixiosas, satíricas e humorísticas, traballo e temas varios. Cada cantiga r ven acompañada do nome, idade e lugar da persoa que a aportou. O escritor Xosé Carlos Caneiro, profesor do centro durante o curso 1986-1987, fixo o prólogo do libro.

Galiciencia 2012

Galiciencia 2012. Alá imos! Estes son os nosos proxectos para esta edición da feira tecnolóxico educativa que se celebra na Tecnópole ourensá:

ONDE O PAN É ARTE Autoras: BEATRIZ BLANCO POUSADA e SANDRA PEREZ VILAS

 Imos a  investigar a historia e a repercusión que ten tanto a nivel familiar, económico, industrial, así como alimenticio, a fabricación  dun alimento tan importante como é o pan, pero centrado no pan da nosa localidade que é Cea. Fixemos este traballo porque é un producto da nosa terra e querémolo dar a coñecer e que a xente saiba verdadeiramente como se elabora e cal é o resultado tan satisfactorio deste proceso artesanal, que se pode apreciar cando se ten unha peza nas túas mans. Tamén queremos coñecer a historia do pan, e a importancia económica e social que supuxo para a comarca de Cea.

 SOMOS O QUE COMEMOS...  SABEMOS O QUE COMEMOS? Autoras: ANTÍA NOGUEIRA BLANCO e ALBA NÓVOA GIL

Aos nosos oídos chegou unha información negativa sobre os aceites vexetais, sobre todo o de coco e palma, o que nos fixo investigar sobre eles para saber se isto era verdade ou mentira. Para a nosa sorpresa tomámolos con moita asiduidade, non son bos para nós e nalgúns alimentos non se reflexa claramente a súa procedencia, senón que aparece nas etiquetas dos productos como aceite vexetal, sen especificar a súa procedencia. Se o aceite de palma e coco é malo para a nosa saúde  tamén o é para o noso planeta, xa que cada ano son millóns de hectáreas as que se están destruíndo pola gran demanda destes aceites. Indonesia é unha das zonas que se está quedando sen selva tropical pero en cambio teñen beneficios as grandes multinacionais  que intentan frear toda información negativa que se diga referente a estes aceites.

 

Aquí tedes un video relacionado co tema...

Tras el último hombre del bosque from FOTOSconLETRA on Vimeo.

 

A FORMULA 1, ¿DESPILFARRO OU INVERSIÓN? Autores: Iván Casado Arbore e Diego Pousa López

No noso traballo investigamos a Fórmula 1 en detalle,  por dentro, buscando sobre todo os beneficios que trae á tecnoloxía e aos coches de calle convencionais. Quixemos facer tamén unha comparación con outro deporte que move moitos cartos como é o fútbol e os os avances tecnolóxicos derivados deste, se os hai. Cremos que a xente pensa que a Fórmula 1 non serve para  nada e que é un despilfarro.  Pretendemos demostrar que a Fórmula  é un deporte máis barato que outros como o fútbol, e que aporta beneficios á sociedade, xa que moitos dos avances xurdidos como consecuencia de mellorar os resultados na Fórmula 1, despois se levaron os coches tradicionais, como por exemplo, os freos de disco. 

Unha perspectiva das Competencias Básicas

Distribuir contido


by Dr. Radut