Skip to Content

contador gratis para blog

blogue deadmin

Buceando na historia

Bucear na historia é o mellor xeito de aprender quen somos. E se aínda por riba o vivimos dun xeito real pois a aprendizaxe convértese nun feito significativo. O 31 de maio o alumnado de 1º e 2º da ESO visitou anacos de historia pola provincia: San Cibrao de Las, Aquis Querquennis, a Vía Nova romana cos seus miliarios e unha mansio romana. Experiencias vivenciadas que lles achegaron á forma de vida dos nosos antepasados.

Xadrez con Dragan Paunovic

Na tarde do mércores 29 de maio recibimos no noso centro ao grande mestre de xadrez Dragan Paunovic, o campión serbio e director do Club de Xadrez Chantada. Estivo celebrando 14 partidas simultáneas co noso alumnado e profesorado. Despois dos primeiros momentos de nerviosismo souberon poñer en práctica todo o aprendido durante o torneo de xadrez celebrado no noso centro durante o mes pasado. Dragan valorou positivamente a actividade e deulle a cada partida un carácter didáctico. Finalmente felicitou a todos os participantes, especialmente a aqueles que souberon plantarlle cara. 

Unha cuestión de educación

“Unha cuestión de educación” é o traballo dos alumnos de ética de 4º de ES0 durante o curso pasado. Tratase duha curta feita pola técnica do stop-motion, un proceso artesanal que consiste en dar vida a bonecos inanimados. O resultado final é espectacular, digno de moitos profesionais. Gracias a iso, tivemos unha mención no festival de Ourense, aínda que a maior satisfacción foi a de levar a cabo un traballo de tanta calidade e que os compañeiros de todas as idades do centro o admirasen.

Máis deporte escolar

O pasado 22 de maio, celebrouse no “Paco Chao” do Carballiño unha nova etapa do Xogade – Deporte Escolar neste curso académico. Tratábase de “Xogando co Atletismo”, onde seis centros da comarca do Arenteiro nos dimos cita de novo. Probas de velocidade individuais e por equipos, lanzamentos e probas de habilidade e multisaltos, conformaron o calendario do día.

Como o máis importante era participar e pasalo ben, obxectivo conseguido!!!

Verde e con historia

Coa chegada da primavera, o equipo de actividades extraescolares decidiu facer unha exposición de fotos de árbores e flores propias desta época do ano aportadas polos alumnos. A participación foi moi alta, e os resultados, nalgúns casos, espectaculares. As fotografías están expostas no edificio de primaria, ata o final do curso.

A Historia de Brancaflor

É teatro, é un conto, é maxia... é a ilusión de escoitar unha historia máxica. A historia de Brancaflor. Ou era a historia de Xan? Ou quizais a historia de Xan e Brancaflor. Ben, o que conta é o ben que o pasamos con Fran Rei e os seus trucos sorprendentes. Foi unha tarde espectacular dentro da semana grande das Letras Galegas.

Panadeiriños

Panadeiros somos. Amasamos, botamos a fariña, enfornamos e sobre todo, o que máis nos gusta, gozamos do seu recendo recén saidiño do forno, e ao chegar a casa comémolo. Gracias ao Marcos, o pai de María de 6º de Infantil, e a toda a súa familia por ensinarnos cousas tan interesantes. Alucinamos no Forno da Burata. É de 1853, así que ten 160 anos. E aínda conserva a chave orixinal!.

Rapeando a táboa do 6

Quen dixo que aprender as táboas era aburrido? Aquí tedes o noso rap da táboa do 6. Podedes cantalo na casa, descargalo e levalo no móbil ou no mp3. Incluso ir no coche aprendéndoa.

Grandoleando

Hoxe estivemos grandoleando cos nosos amigos Joao Afonso e Uxía no Auditorio de Ourense. Coñecedes a bonita historia desta canción? E o seu significado para a historia de Portugal?

A árbore dos libros

Temos unha boa nova que vos dar, unha árbore agromou no noso corredor. É unha especie singular, case única. Trátase dun raro exemplar de quercus literarus. Por flores ten as portadas dos nosos libros favoritos e as súas follas animan á lectura con frases famosas.

Distribuir contido


by Dr. Radut