Os alumnos de 4º que coñeceron o proxecto "O Tesouro de Acahualinca" da ONG Solidariedade Internacional son os ganadores do concurso onde todos os centros participantes de Galicia presentaron un vídeo sobre cómo é a sía vida cotiá.
Este concurso de vídeos participativos forma parte dunha das fases do que levamos traballando ao longo do curso. Lembramos que xa en novembro recibiron a visita de monitoras da ONG para explicarnos o proxecto. A realidade da poboación do barrio de Acahualinca na capital de Managua (Nicaragua) onde está o vertedoiro de lixo La Chureca, un dos máis grandes de Latinoamérica supón coñecer distintos aspectos que son traballados con eles. No caso de 4º desde a materia de Educación Ético-Cívica e no caso de 3º, que tamén participan, na materia de Xeografía.
Pedíase un vídeo no que os nosos xóvenes mostrasen cómo é a súa vida cotiá aos mozos do barrio de Acahualinca. Nos vindeiros días chega a visita ao noso centro de tres mozos de Managua cos que teremos unha charla.
O premio do concurso, aínda que iso é o de menos, será o traslado gratis a un concerto o día 22 a todos os alumnos de 3º e 4º onde disfrutaremos do grupo Pachamama Crew que colabora no proxecto.
Aquí tedes o noso vídeo do cal a súa profe estivo moi orgullosa desde o primeiro día que o veu. Todo o mérito é deles que se encargaron de todo e da realizadora do mesmo a alumna, Melania Baltasar Otero, sen a cal non sería posible.