Skip to Content

CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

Este martes 29 de maio os alumnos de 4º da ESO tiveron unha charla sobre Violencia de xénero promovida polo Departamento de Xeografía e Historia como complemento a temas traballados na materia de Educación Ético-Cívica impartida pola profesora Mónica Vilariño.

Esta charla foi solicitada a través do II PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR sendo impartida por membros da Garda Civil.

Resultou moi interesante e isto plasmouse nas múltiples preguntas realizadas polos alumnos que tamén así o comentaron tras a mesma.



story | by Dr. Radut