O ALUMNADO DE 4º ESO EN SANTIAGO
VISITA AO PARLAMENTO, CASCO HISTÓRICO E CATEDRAL
Coma en anos anteriores, o alumnado de 4º de ESO participou en distintas visitas na Cidade de Santiago. A primeira hora da mañán visitaron as dependencias do Parlamento do Hórreo guiados por un funcionario do mesmo que lles explicou o funcionamento desta institución galega. Logo percorreron as rúas do Casco histórico guiados polas explicacións da Profesora de Xeografía e Historia, Mónica, rematando pola tarde coa visita guiada ao interior e tellados da Catedral de Santiago. Podes ver algunhas fotos neste enlace: GALERIA DE FOTOS |