Skip to Content

PROXECTO "O TESOURO DE ACAHUALINCA"

O pasado martes 27 de novembro os alumnos de 3º e 4º da ESO tiveron un obradoiro con dúas monitoras da ONG Solidariedade Internacional. A súa proposta é participar no proxecto chamado "O tesouro de Acahualinca". Consiste en achegarnos á realidade da poboación que vive e traballa en Managua, capital de Nicaragua, no vertedoiro de lixo máis grande de América Latina.

A nosa finalidade é coñecer a realidade a distintos niveis que traballamos na nosa materia de Xeografía de 3º e de Educación Ético-cívica en 4º. Con este obradoiro as monitoras Ana e Noa non só informaron da situación senón que fixeron reflexionar aos alumnos sobre as dificultades e as posibles solucións.



story | by Dr. Radut