Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

AELG #libre o meu pensamento

#8M Día Internacional da Muller 

Inspirándonos en textos tomados do poemario de Rosalía de Castro, pintamos as nosas pancartas denunciando a inxustiza social que aínda sofren moitas mulleres en pleno século XXI.

Actividade da AELG "Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!"  

Reportaxe gráfico da actividade na Galería de imaxes

disfraces roald dahlFoi unha semana de celebración. De luns a xoves cumprimos cos mandados do meco. Como este ano estamos traballando no centro o proxecto documental integrado "Viaxamos ás Illas Británicas", todas as ordes ían dirixidas a converternos en verdadeiros/as turistas e viaxeiros/as do mundo.

O venres, 1 de marzo, celebramos desfile e baile de disfraces. Cada clase escolleu un conto e/ou novela da literatura inglesa ou personaxes británicos con relevancia na historia.

Personaxes de contos como Peter PanO Grúfalo, As viaxes de Gulliver, Robinson Crusoe, personaxes das novelas de Roald Dahl, Alicia no País das Marabillas, A Illa do Tesouro, Mary Poppins... Incluso houbo un grupo de rapaces e rapazas que inspirados trala lectura do libro de Iria Misa, "Mamá quero ser Ziggy Stardust", se decantaron por este personaxe creado por David Bowie.

Seguide disfrutando do Entroido! Guiño

Galería de imaxes

 

O MECO VIAXA A... 

O noso meco anda de turista

e o ancho mundo visita.

Di que para non desentoar,

 o luns aparezas

                             con algo vistoso na cabeza.

Na súa viaxe disparatada,

o martes o meco manda:

Engade á túa vestimenta

unha nova prenda.

Ups! Pode que a talla

non sexa a axeitada.

 

Viaxar é estresante

e o meco vai moi extravagante.

O mércores co despiste,

o meco confundiuse…

De toda a roupa que tes,

pon unha prenda do revés.

 

 

A viaxe case remata,

o xoves, a ver como vés,

pon algo raro nos pés.

E xa, se queres sorprender

gafas, bolso ou cámara podes traer.

Non hai máis que dicir,

coma un verdadeiro turista vas lucir!

Así rapearon os mandados as rapazas e rapaces de 4º

rapeando os mandados

 

día de rosalíaNa entrada do colexio temos unha exposición que vai medrando cada día: 
As rapazas e rapaces de E. Infantil expuxeron carteis onde demostraron as súas dotes plásticas e creativas.

En primaria, crearon cómics e ilustraron poemas inspirándose nas obras da autora.
Nas clases de robótica, alumnas/os de 6º, deseñaron unha infografía robótica --> Rosalía ReBOTada.
Na infografía aparecen os datos máis significativos da biografía e obras da poeta cun circuíto, para os mBots, cos lugares onde viviu. Cada robot portaba unha pancarta con mensaxes que xurdiron da lectura dos versos de Rosalía e asociados a situacións de inxustizas sociais que afectan as mulleres. #LibreOMeuPensamento_rdc_19 (AELG)
Programamos un piano virtual, para tocar cos robots cancións dedicadas a Rosalía como "Adios ríos, adios fontes" e "Parabéns para ti"

A celebración continúa, xa que acordamos desenvolver esta data conxuntamente co #8M día Internacional da Muller. Unirémonos á proposta da AELG "Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!" participando nunha mani-FESTA-acción con pancartas elaboradas en cadansúa clase que reivindiquen os dereitos das mulleres ou que denuncien a inxustiza social que seguen a sufrir en pleno século XXI

Ver vídeo da actividade: Rosalía, unha feminista do S. XIX

mama quero ser ziggy stardustO luns, 18 de febreiro, a escritora Iria Misa, recibiunos no Liceo de Ourense, para compartir a súa paixón pola literatura. Centrouse sobre todo no libro que acabamos de ler "Mamá quero ser Ziggy Stardust" 

A temática do libro é promover a inclusión dos nenos e nenas transxénero. Conta a historia de Aine, un neno que vive a sua transición de nena a neno mentras cursa a educación primaria. 

A autora emprega a música  e o carisma de Ziggy Stardust, personaxe creado polo músico David Bowie, como fío condutor de todo o que lle ocorre a Aine. Grazas a música pode expresarse como quere, vestirse como quere e vivir como quere. 

Quen é Ziggy Stardust? "É un cantante de rock que tocaba unha guitarra azul de doce cordas e que chegou do espazo. Tiña o pelo de cor laranxa,  cun raio vermello que lle cruzaba o rostro. Ziggy era David Bowie na súa versión máis andróxina."

Los Andes podcast

Celebramos o día Escolar da Paz e da Non Violencia con orixinais e divertidas actividades que fomos desenvolvendo ao longo destas semanas.

- Deseño e elaboración colaborativa dun mural con palabras máxicas para decorar o centro.

mural paz

- Movamos o mundo. Inspirámonos nunha das cancións máis coñecidas de Queen, "We will rock you", para reescribir o noso himno pacifista e interprétamolo ao unísono todo o centro (Proxecto viaxamos ás Illas Británicas)

- Decoramos os chanzos das escaleiras cos versos do poema "O Reino" do libro "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro .

Palabras máxicas para abrazar a paz by Slidely Photo Gallery

- Recibimos mensaxes en botellas mentres cantabamos "Message in a bottle" The Police.

- Regalamos lecturas: contos, cantigas e poemas  que levaron ás clases mensaxes de paz, de respecto aos dereitos humanos, de tolerancia, colaboración e convivencia. 

 Para ler máis visita o blog da biblio: A sombra do érbedo

Face 2 Face Theatre Co.

O martes, o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de asistir á representación en inglés de Tarzán, no auditorio da nosa cidade.
Foi un espectáculo moi divertido, no que rimos, cantamos e bailamos; ou, mellor dito: we laughed, sang and danced all the time!

No auditorio

Teatro de actor. Face 2 Face Theatre Co. Actividade ofertada por A Fundación Obra Social ABANCA.

 

Anaya

 

Os alumnos/as e mestres de 3º, 4º, 5º e 6º de EP desfrutamos dun contacontos "Alma y la Isla", ofrecido pola editorial misioneira e a editorial Anaya para a clase de Relixión católica.

"Alma y la isla" é un libro de Mónica Rodríguez con Ilustracións de Ester García. Resultou gañador do XIII Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, 2016; White Ravens, 2016 e Finalista del Premio Fundación Cuatrogatos, 2017.

Este conto fomenta valores moi importantes como son a educación para a convivencia e a educación multirracial, a amizade, o amor, a lealdade e a xenerosidade entre outros.

Pica na foto para ver algúns momentos da narración.

 

Máis información no blog da biblioteca: A sombra do érbedo

Grazas por compartir con nós esta celebración, o seguinte vídeo recolle distintos momentos das actuacións:
EI- Representaron o conto “Un agasallo diferente”,  cantaron a panxoliña “O Nadal e o Boneco” e “Snowflake”.
1º- Seráns de baile tradicional: “Auga leva o regadinho” (danza portuguesa) e a canción xogo en inglés: Hocky Pocky
2º- Bailaron e cantaron a  panxoliña “Polo nadal turrón e mazapán!!”
3º- Cantan,  acompañan con lingua de signos e bailan a panxoliña “O pelo roxiño” 
4º- Interpretan con instrumentos de lámina “Jingle Bells” e bailan un "Twist de Nadal"
6º- Interpretan a canción tradicional Irlandesa “I saw three ships” coa frauta e versionan a canción “Ob La Di Ob La Da” dos Beatles
 

As tarxetas de Antía de 3 anos e Ailyn de 5º EP foron as escollidas para felicitar o Aninovo ás familias:

Tarxeta Antía          Tarxeta Ailyn  

Se premes na imaxe verás unha escolma das tarxetas presentadas por todas as clases:

felicitacións vh

 

Distribuir contido


by Dr. Radut