Polos Camiños da Paz.
Proxecto: mBotrato
Para conmemorar este día baixamos aos nosos pequenos mBots á entrada do cole para que de xeito incansable percorreran os camiños da paz. Déronnos moi bo exemplo, aínda que algún desorientábase por momentos e había que axudarlle un chisquiño. Como a vida mesma!!
Reto: Programar o mBot para que seguise unha liña branca, entoase o Himno da Alegría de Beethoven e mostrase na patalla de LED diversos textos e/ou expresións.
Construímos o circuíto sobre un fondo negro con cinta illante branca.
mBotrato from Ceip Vistafermosa on Vimeo.
Curso de Robótica e Programación: Aula Virtual do CEIP VISTAHERMOSA