Skip to Content

Solicitude de praza

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2024-2025

 O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO.

documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

  • Impreso de matrícula poderá recollerse no centro.
  • Dúas fotos actuais tamaño carné.
  • Fotocopia do DNI da nai/pai/alumna/o e Libro de Familia con todas as follas (se non fose entregado no proceso de admisión)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (Seguridade Social, MUFACE, etc)
  • Certificado de empadroamento ou convivencia.
  • Certificación académica na que se faga constar o código do/a alumno/a cando este proceda doutro centro educativo.
  • Todos aqueles documentos nos que se recolla información de relevancia para o centro.
HORARIO DE SECRETARÍA
20 de xuño: 9:00 a 10:15
24-28  de xuño: 9:30-12:30
NOTA INFORMATIVA
 As familias do novo alumnado poden descargar no móbil a aplicación AbalarMóbil, para recibir as notificacións do centro a partir de setembro.

 

Listaxe definitiva de admitidos curso 2024/2025

Publicación da lista definitiva de admitidos/as para o vindeiro curso 2024/2025.

Comunicamos que está publicada a listaxe de alumnado admitido para o curso 2024/2025 no taboleiro de anuncios do interior do centro. Recordamos aos interesados/as que poden acceder ao estado do seu expediente, única e exclusivamente, a través da aplicación admisionalumnado coa Chave365 ou certificado dixital.

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS EN PRAZO OBTIVERON PRAZA.

O prazo de formalizar a matrícula é do  20 ao 30 de xuño.

A documentación a presentar para a formalización da matrícula é:
 
Outros: 
2 fotografías tamaño carné.
Fotocopia da tarxeta sanitaria.
 
 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN 2024-2025

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria que se incorpora ao sistema ou que cambie de centro. 

O alumnado que continúa os estudos no centro ten garantida a súa permanencia.

CAL É O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES?

Do 1 ao 20 de marzo. 

ONDE PODO CUBRIR AS SOLICITUDES? 

1.- Cubrir a solicitude informaticamente na web Admisión alumnado, descargala, asinala e entregala no centro. 

2.- Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro:

3.- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberedes acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

Normativa e manuais: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

ONDE PRESENTO AS SOLICITUDES?

ONLINE: Con certificado dixital ou Chave 365.

NO CENTRO. 

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO ACHEGAR?

- Copia do Libro de familia

- Certificación de matrícula, no caso de optar a un curso distinto de 4º de EI.

- Calquera outra documentación xustificativa para acreditar a puntuación.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES

EDUCACIÓN INFANTIL       EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO VACANTES   CURSO VACANTES
4º (3 anos) 20   4
5º (4 anos) 14   4
6º (5 anos) 5   0
      0
      0
      0

Portal educativo: Escolarización

  ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP VISTAHERMOSA

Información Xeral

Reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria no IES O COUTO (centro adscrito). 
 
 
O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro. 
 
- Pódese cumprimentar a solicitude a través da aplicación admisiónalumnado RESERVA DE PRAZA ON-LINE:  Solicitude>Reserva>Crea. Imprimidea e entregádea asinada no centro tamén se pode presentar por Sede Electrónica.  
 
- IMPRESO EN PAPEL: cubrir a solicitude a man e entregala asinada no centro (na secretaría ou ao titor).
 
O impreso de reserva de praza deberá estar asinado por calquera das persoas proxenitoras ou acolledoras do alumno/a e deberá contar co consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo I-bis.
 
Se non desexa que a súa filla/o continúe os seus estudos no IES O COUTO, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado o Anexo II de admisión, no centro da súa preferencia do 1 ao 20 de marzo.
 
A non reserva de praza neste período causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.
 
A reserva adquirirá caracter vinculante e será incompatible coa presentación de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
 
 

CONCILIA DE NADAL. CONCELLO DE OURENSE

 

Hoxe ábrese o prazo para a inscrición nas actividades de conciliación para alumnado de Educación  Primaria, durante as vacacións de Nadal na Aula da Natureza.

Toca na imaxe para máis información

Concilia verán 2023 Concello de Ourense

Xa están publicados os prazos e toda a información sobre as ACTIVIDADES CONCILIA VERÁN organizadas polo Concello de Ourense.

Neste centro impartiranse campamentos xestionados polo Concello durante os meses de xullo e agosto.

Premede na imaxe para acceder a toda a información.

Xornada de Portas Abertas

O luns día 13 de febreiro e o martes día 14 de febreiro estaremos agardando as vosas visitas ao noso centro.

Somos o colexio que andabas a buscar, non o dubides e VEN A VISITARNOS!

 

FAI CLIC NA LIGAZÓN E ACCEDE A TODA A INFORMACIÓN

 

TRÍPTICO INFORMATIVO

Admisión de alumnado curso 2022-2023: Listaxe provisional de admitidos/as

Dende o 22 de abril de 2022 están expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido para o próximo curso académico 2022-2023.

As listaxes definitivas publicaranse o 13 de maio.

O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)

Distribuir contido


by Dr. Radut