Skip to Content

blogue decris

Fase previa comarcal de cros

O pasado martes e mércores celebrouse a Fase Previa Comarcal de Cros no complexo deportivo de Monterrei.

Unhas xornadas estupendas nas que xa vimos participando dende hai anos, onde, ademáis de coñecer e practicar unha nova modalidade deportiva, tamén se fomenta o traballo en equipo, os valores positivos cara a competición, a xestión da frustración e a convivencia cos deportistas de moitos outros centros educativos.

A meteoroloxía acompañou e a actitude, esforzo e comportamento do noso alumnado foi espectacular.

Noraboa a todos e todas as participantes

Este sábado asistiremos á Fase Final Comarcal con 5 participantes.

TOCA AQUÍ PARA VER MÁIS IMAXES

CARREIRA DE SAN MARTIÑO

O domingo desenvolveuse en Ourense a XLVII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, e,  como non, o CEIP Vistahermosa estivo presente con 53 valientes que pese as inclemencias metereolóxicas participaron en dito evento.

Este ano nas categorías escolares de Infantil e Primaria premiábase a participación. Hoxe procedemos á entrega de medallas.

Noraboa a todos e todas!!! 

 

MAGOSTO 2024

O venres celebramos o magosto no CEIP Vistahermosa.

A media mañá todo o alumnado participou nun circuito de xogos populares (pano, paracaídas, sacos, sogatira, pato-ganso, encesta castaña, comba, zancos, chave e bolos). Para elo formáronse nove equipos de diferentes cores compostos por nenos e nenas de todos os cursos. Unha experiencia moi bonita na que os maiores afrontan responsabilidades e os máis pequenos fan novas amizades.

Por suposto, ao rematar a xornada degustamos uns sabrosos bolos preñados e unhas riquísimas castañas.

Moitas grazas a todas e todos pola colaboración.

Deixamos aquí un pequeno resumo en imaxes.

Campaña electoral e eleccións EEUU

A temática do PLAMBE deste ano é  "PEQUEMUNDI" na que cada curso escolleu unha cultura (país ou continente) co que traballar.

6º de Primaria decidiuse por traballar e descubrir EEUU. Por este motivo o pasado 5 e novembro celebráronse as eleccións, previa campaña electoral a 4º e 5º de Primaria.

Unha actividade moi divertida na que traballaron os diferentes organismos, procedemetos electorais, linguaxe oral e escrita, recontos e porcentaxes, expresión corporal, caracterización, debates....e lle brindaron aos outros cursos a posibilidade de entender este proceso a través da práctica.

Pica na imaxe para ver máis

MENÚ NOVEMBRO

Garavanciño come saniño

Este luns, 4 de novembro tocoulle ao alumnado de 1º recibir a visita das nutricionistas do centro de saúde para desenvolver o obradoiro "Garavanciño come saniño". Faláronlle sobre a importancia dos bos hábitos, da comida variada e saudable.

SAMAÍN

Hoxe desfrutamos do Samaín no cole cos obradoiros de pintauñas horripilantes, tatuaxes monstruosas, maquillaxe espeluznante e manualidades terroríficas. Tamén nos deu tempo de fotiños para o recordo, desfile e baile. E non esquezamos a impresionante exposición de cabazas e os debuxos e historias para o caderno deste Samaín.

Moitas grazas a todos e todas polo voso traballo e colaboración.

Deixamos unhas fotiños. 

Tocade  na imaxe de abaixo para ver máis

 

Revolución teenagers 6º

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria recibiu a visita de varias enfermeiras e matronas do centro de saúde que impartiron o obradoiro Revolución teenagers. Traráronse temas de educación sexual, emocional e prevención de condutas de risco ( alcohol, tabaco...)

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS, cunha actividade na biblioteca: Encontros coa autora 

O alumnado de 5º, 6ª de infantil e 1º de primaria, xuntáronse con Elena Andrés, escritora e ilustradora do libro "VOU", Para facer unha lectura do libro e ilustración dos personaxes.

Contounos que...
Xan e os seus amigos quedan todas as tardes no parque. Hoxe van xogar aos agochos e tócalle a el poñerse a buscar. Sempre me toca contar a min? Tarde piaches, Xan! Conseguirá dar co agocho de cada un dos seus amigos? A ver se desta atopas a alguén!

Obradoiro de escrituras antigas

As rapazas e rapaces de 2º, 3º,4º e 5º de Primaria participaron nun obradoiro de escritura antiga, neste caso exipcia, romana e grega. Para elo utilizaron materiais especializados como a caña e o pergamino.

Actividade encaixada na temática do Plambe deste ano "Pequemundi", que xira arredor das diferentes culturas actuais e antigas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut