Skip to Content

blogue decris

ANIMACIÓN Á LECTURA E SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Actividade ofertada polo concello de Ourense: "Conta coa natureza, incendios forestais".

Esta temática foi tratada por unha monitora medioambiental a través do conto teatralizado: "Xela, a superheroína da aldea" de Inma Soto.

Un conto sobre a nosa natureza, que pon en valor os nosos recursos e busca que os nenos/as coiden o entorno natural.
Coa finalidade tamén de animar ao alumnado o interesarse por lecturas desta temática.
 

XORNADAS DE DEPORTE ADAPTADO E INCLUSIÓN

O mércores 28 de febreiro o alumnado de 5º e 6º recibiu a visita de tres membros da Fundación ENKI para levar a cabo a primeira das XORNADAS DE DEPORTE E INCLUSIÓN.

Neste caso tratouse dunha charla con deportistas con diversidade funcional para dar a coñecer o deporte adaptado e inclusivo e a súa traxectoria deportiva e persoal respondendo a todas as dúbidas e curiosidades das nenas e nenos.

O vindeiro 11 de marzo asistiremos ao encontro provincial na Expourense, onde practicarán diferentes modalidades de deporte adaptado.

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR

 

MENÚ MARZO

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR

XOGANDO CO ATLETISMO 2º

Hoxe tocoulle aos nenos e nenas de 2º de Primaria disfrutar das impresionantes instalacións da Pista Cuberta de Atletismo de Ourense, situada na Expourense.

Actividade promovida polo Servizo de Deportes da Xunta de Galicia e enmarcada no Programa Xogade.

As nosas e os nosos atletas practicaron varias probas: saltos, velocidade, lanzamentos, remudas, circuito de Grand Prix... Todo elo acompañados de outros moitos colexios da cidade que tamén participaron na xornada.

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR


   

Charlas Educación Civico Tributaria

Onte recibimos a visita do persoal da Axencia Estatal da Administración Tributaria que impartiu unha pequena charla sobre o que son os impostos e para que serven. Todo adaptado ao nivel das nenas e nenos e ambientado nun conto.

Consistiu nunha sesión de educación cívico tributaria na que puido participar o alumnado de 3º, 4º,5º e 6º de Primaria.

 

Educación viaria

Onte as nenas e nenos de Educación Infantil desfrutaron coa actividade "Alavín Alaván, O tranvía da Educación Viaria" organizada polo Concello de Ourense.

Convertíronse en pequenos coches, peóns responsables e incluso policías.

Unha sesión moi interesante onde practicaron e aprenderon normas importantes para a súa vida diaria.

 

ENTROIDO 2024

Xa remata o Entroido e aquí deixamos un pequeno resumo do que aconteceu no CEIP Vistahermosa.

Grazas a todas e todos pola implicación.

OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES

O luns as rapazas e rapaces de 6º puideron disfrutar do XIX Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais ofertado polo CCP Xaquín Lourenzo e a Deputación de Ourense.

Unha actividade na que xa imos participando dende hai anos e que nunca defrauda.

Este ano practicaron con aros, zancos, peóns e outros xogos tradicionais da cultura galega.

TOCA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS

ENCONTROS CO AUTOR

O alumnado de 6º de Primaria participou hoxe na actividade "Encontros co autor" pertencente ao Programa de animación á Lectura dinamizado polo Concello de Ourense.

As nenas e nenos leron nestas últimas semanas a obra "Segredos Soterrados" de Xabier Domínguez e Alba de Evan, a quen puideron coñecer hoxe e aprender máis sobre o seu traballo.

Tocade na imaxe para ampliar.

 

 

MENU FEBREIRO

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR

Distribuir contido


by Dr. Radut