Skip to Content

blogue decris

Saída Lodoselo 1º e 2º

Hoxe o alumnado de 1º e 2º de Primaria marchou ao Pobo Escola Lodoselo a desfrutar das actividades propostas polo grupo de monitores do CDR O Viso.

Deron de comer aos animais, levaron ás ovellas, visitaron o xardín dos sentidos, fixeron pan, escoitaron contacontos, plantaron a súa arboriña, practicaron xogos populares, pasearon en carro....ademáis de ter unha incrible xornada de convivencia na que comeron e merendaron xuntos.

Un recordo máis para as nenas e nenos do cole que marcharon entusiasmados e voltaron felices cargados de novas experiencias, un bolo de pan e unha pequena arboriña.

 

 

FESTA ANPA

SAÍDA CASTRELO 5º

Hoxe o alumnado de 5º marchou de excursión de fin de curso a Castrelo de Miño.

Practicaron diferentes actividades acuáticas: Hidropedal, barco dragón, paddle surf.... comeron xuntos e desfrutaron con diferentes xogos.

Un día completo que esperamos que quede no recordo das rapazas e rapaces.

 

CONCILIA VERÁN CONCELLO DE OURENSE

   

MÁIS INFORMACIÓN NOS ARQUIVOS ADXUNTOS OU NA PÁXINA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE OURENSE

MENÚ MES DE XUÑO

VISITA AOS MUSEOS DA CORUÑA

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria marchou á primeira hora da mañá á Coruña para visitar a Casa das Ciencias, o Planetario, o Acuario e a Torre de Hércules.

Aprendemos unha chea de cousas: que os dinosaurios non se extinguiron, experimentamos coa física sobre todo cos péndulos, co son, descubrimos o electromagnetismo. No acuario desfrutamos enormemente e descubrimos moitas cousas sobre as focas, os tiburóns, o ajolote, as anémonas, as sepias...

Galería de imaxes

galeria imaxes

Teatro Escolar

Para conmemorar o día das "LETRAS GALEGAS", o club de lectura "Páxinas en branco" de 5º de primaria, representou para todo o colexio a obra de teatro: A VENDEDORA DE PALABRAS de Raquel Castro Martínez.

Acto das Letras Galegas

Hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º desprazouse ata a Praza Maior de Ourense para celebrar un acto do día das Letras Galegas organizado polo Concello de Ourense.

Centros como o Mestre Vide, Couto, Luis Vives, Albino Núñez, San Pío, Padre Feijóo e Vistahermosa asistiron a esta actividade.

Un festival na praza Maior onde cada cole cantou, bailou, recitou e interpretou distintas pezas en homenaxe a Luísa Villata. As nosas actuacións:

Presentación de Luísa Villalta

Os Zocos son pra andare. Blues do país

Millo Verde

Muiñeira Armadanzas

galeria de imaxes

Grazas ao Concello de Ourense pola invitación e organización.

 

PIRAGÜISMO DRAGÓN

Onte as rapazas e rapaces de 6º de primaria desprazáronse ata Castrelo de Miño para desfrutar da actividade Piragüismo Dragón, ofertada pola Secretaría de Deportes, enmarcada no programa XOGADE.

Unha xornada onde descubriron unha nova modalidade deportiva e conviviron co alumnado de outros centros educativos.

TOCA NA IMAXE PARA REPRODUCIR.

MENÚ MAIO

TOCA NA IMAXE PARA AMPLIAR

Distribuir contido


by Dr. Radut