Hoxe o alumnado de 1º e 2º de Primaria marchou ao Pobo Escola Lodoselo a desfrutar das actividades propostas polo grupo de monitores do CDR O Viso.
Deron de comer aos animais, levaron ás ovellas, visitaron o xardín dos sentidos, fixeron pan, escoitaron contacontos, plantaron a súa arboriña, practicaron xogos populares, pasearon en carro....ademáis de ter unha incrible xornada de convivencia na que comeron e merendaron xuntos.
Un recordo máis para as nenas e nenos do cole que marcharon entusiasmados e voltaron felices cargados de novas experiencias, un bolo de pan e unha pequena arboriña.