A QUEN VAI DIRIXIDO?
Ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria que se incorpora ao sistema ou que cambie de centro.
O alumnado que continúa os estudos no centro ten garantida a súa permanencia.
CAL É O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES?
Do 1 ao 20 de marzo.
ONDE PODO CUBRIR AS SOLICITUDES?
1.- Cubrir a solicitude informaticamente na web Admisión alumnado, descargala, asinala e entregala no centro.
2.- Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro:
3.- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberedes acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.
Normativa e manuais: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
ONDE PRESENTO AS SOLICITUDES?
ONLINE: Con certificado dixital ou Chave 365.
NO CENTRO.
QUE DOCUMENTACIÓN DEBO ACHEGAR?
- Copia do Libro de familia
- Certificación de matrícula, no caso de optar a un curso distinto de 4º de EI.
- Calquera outra documentación xustificativa para acreditar a puntuación.
OFERTA DE POSTOS ESCOLARES
EDUCACIÓN INFANTIL |
|
EDUCACIÓN PRIMARIA |
CURSO |
VACANTES |
|
CURSO |
VACANTES |
4º (3 anos) |
20 |
|
1º |
4 |
5º (4 anos) |
14 |
|
2º |
4 |
6º (5 anos) |
5 |
|
3º |
0 |
|
|
|
4º |
0 |
|
|
|
5º |
0 |
|
|
|
6º |
0 |
Portal educativo: Escolarización
ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP VISTAHERMOSA