Admisión de alumnado curso 2022-2023: Listaxe provisional de admitidos/as
Dende o 22 de abril de 2022 están expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido para o próximo curso académico 2022-2023.
As listaxes definitivas publicaranse o 13 de maio.
O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.