Que ninguén che corte as ás
Actividades escornabóticas para derribar roles e estereotipos.
* Nivel Infantil e Primaria
Tras ver o vídeo de “O libro dos porcos” propóñenselle varios xogos a partir do taboleiro: identificar situacións que aparecen no conto, ordenar a historia, realizar diferentes itinerarios polo taboleiro.
* Nivel Primaria
Necesitades un escornabot, un dado, e tantas fichas como xogadores/equipos xoguen.
Antes de xogar: Ler a selección de contos con temática inclusiva e de igualdade propostos. Pídeselle ao alumnado que escriba unha pequena reseña sobre cada un.
Como se xoga? Repártense as tarxetas das reseñas e cada xogador/a terá que identificar o libro e levar o escornabot a cela correspondente
* Nivel 4º, 5º e 6º de Primaria
A OCA DA IGUALDADE
Este taboleiro xógase ao estilo xogo da oca. As respostas son abertas, as opinións contan, agás na cela 5 que só ten unha resposta correcta. Se non acertades, retrocederedes ao principio. Para gañar teredes que caer na cela 11 e responder a pregunta quen é Malala? Se non o sabedes volveredes á saída.