Skip to Content

Segundo ciclo

CREAMOS CON CARTÓN E MATERIAL DE REFUGALLO

ESCOBAS DE BRUXAS NO 25N

Para homenaxear o día contra a violencia de xénero preparamos unha danza éuscara "Erre Zenituzten" que é un canto á liberdade e un himno á diversidade. As bruxas da nosa danza representan a todas as mulleres libres que foron perseguidas e maltratadas por ser valientes, bravas e únicas.

Para a danza precisabamos unha vasoira e construímos unha. Aquí vos deixamos os pasos para facer unhas auténticas vasoiras de bruxa:

titorial vasoiras

CESTIÑOS DE CASTAÑAS

O Magosto é unha festa de xogos, lume e castañas.  

Despois dunha sesión de xogos tradicionais, chegaron os bolos preñados e un castañeiro asou as castañas no patio.

Para comelas quentiñas e deixar ben limpo o polideportivo, tiñamos preparados uns cestiños portacastañas. O noso deseño tiña dous lados, un para as castañas e o  outro para as cascas.

Festa si, pero con conciencia ecolóxica! 

porta castañas

 

OBRADOIRO STEAM CON PAOLA GUIMERÁNS

Obradoiros con Paola Guimeráns, experta en Deseño, Téxtiles intelixentes e ensinanzas STEAM.

Desenvólveronse 3 talleres nos que as rapazas e rapaces crearon circuítos, camisetas intelixentes e cómics interactivos  partindo do proceso de "deseñar facendo".

1- Comezamos con Circuitos en papel, o alumnado de 4º fixo circuítos eléctricos con papel condutor e un LED,  co que iluminou unha casiña construída con papiroflexia. 

2- Placa Make Makey. En 5º programaron con scratch e deseñaron un cómic interactivo.

3- Microbit e Make Code neste  obradoiro  a rapazada de 6º deseñou unha camiseta con luces, música, detectores de temperatura... traballando en equipo,  creou programas sinxelos descubrindo as posibilidades da placa microbit. 
 

Este obradoiro enmárcanse no proxecto Biblioteca Creativa 

As árbores alimentan en LSE

Poesía en Lingua de signos

O alumnado de 3º signa e recita o poema "As árbores alimentan" en Lingua de Signos, un poema saboroso do libro "Poemas con piruleta" de Carlos Fontes.   

As árbores dannos madeira, combustible, alimento, fermosura, menciñas, son o fogar de moitos animais... e tamén nos dán os versos deste poema co que aprendemos a signar as árbores froiteiras e os seus froitos en lingua de signos.

Voces: Alicia, Jimena, Saúl, Rubén, Bryan, David, Bruno e Anna.

Música: O camiño dos paxaros de Magín Blanco. Álbum Camiños

ROSALÍA PEQUENIÑA EN LINGUA DE SIGNOS

Día de Rosalía

Alumnas e alumnos de 3º de Educación Primaria celebran o Día de Rosalía signando estas estrofas de "Rosalía Pequeniña" do Álbum musical de Uxía.

Na clase de Lingua Galega foméntase a adquisición de vocabulario básico en LSE como apoio á comunicación oral. A súa aprendizaxe desenvolve habilidades comunicativas, mellora a expresividade, aumenta a memoria e o alumnado desfruta signando.

Rosalía pequeniña LSE

Signan: Rubén, Bruno, Breixo, Saúl, Jimena e Olivia.

Voces: Breixo e Olivia

Gravación do vídeo: Dani

 -  Máis actividades do día de Rosalía no Blog da Biblio: Lecturas por sorpresa

 

HOXE COCIÑAMOS NÓS!

Filloas de Entroido

As filloas,  son tamén protagonistas da festa do Entroido. As auténticas, prepáranse nunha tixola de ferro ou filloeira, pero como no cole non temos diso fixémolas cunha placa eléctrica de facer gofres.

As rapazas e rapaces de 3º de EP aprenderon a cociñar unhas saborosas filloas.  

filloas de entroido

Todas as fotos na galería

Actividade programada no PDI A Cociñar.

Con diferentes actividades en torno á canción de Mamá Cabra "Filloas":

1-Exercicios para completar a letra da canción.

2-A receita para incentivar o pracer pola lectura comprensiva e pola cociña. 

 

 

Se puideras describir a PAZ nunha palabra, cal sería?

A PAZ É:

Alegría, Amizade, Axudar, Compartir, Coidar a Natureza, Perdoar, Quererse, Regalar, Respectar, Saudar, Ser un mesmo, Sorrir, Traballar, Xogar moito, ... Facer un Mundo Mellor.

Que é a paz

Mural realizado polo alumnado de 3º de EP.

cartel paz

Distribuir contido


by Dr. Radut