Skip to Content

blogue desalial

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2024-2025

 O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO.

documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

  • Impreso de matrícula poderá recollerse no centro.
  • Dúas fotos actuais tamaño carné.
  • Fotocopia do DNI da nai/pai/alumna/o e Libro de Familia con todas as follas (se non fose entregado no proceso de admisión)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (Seguridade Social, MUFACE, etc)
  • Certificado de empadroamento ou convivencia.
  • Certificación académica na que se faga constar o código do/a alumno/a cando este proceda doutro centro educativo.
  • Todos aqueles documentos nos que se recolla información de relevancia para o centro.
HORARIO DE SECRETARÍA
20 de xuño: 9:00 a 10:15
24-28  de xuño: 9:30-12:30
NOTA INFORMATIVA
 As familias do novo alumnado poden descargar no móbil a aplicación AbalarMóbil, para recibir as notificacións do centro a partir de setembro.

 

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2024-2025

   - O prazo de matrícula para os centros de Educación Infantil Primaria é do 20 de xuño ao 30 de xuño inclusive.

   - Documentación

O ALUMNADO DO COLE BAILA COS DO IES O COUTO

O alumnado de primaria do CEIP VISTAHERMOSA, fai un cameo nesta gravación musical co IES O Couto.

A letra é do alumnado de 3º da ESO, a coordinación do proxecto e a montaxe do vídeo é de Olalla Núñez Deza, profesora de música do instituto. 

Resulta entrañable e motivador ver no vídeo a distintas xeracións bailando xuntxs.

Música: Cruisin' for a Bruisin' Ross Lynch, Jason Evigan, Grace Phipps

 

XOGOS, RITMOS E DANZAS NA PRAZA MAIOR

A maxia de aprender xogando

Este mércores o alumnado de 4º de EP participou nunha Xornada divertida compartindo con outros colexios da provincia música, ritmos e diversión.

Arredor de 200 nenas e nenos desfrutaron de dúas horas  de xogos musicais, de percusión e danzas organizadas polas súas mestras e mestres de música. Estes son algúns fragmentos con diferentes propostas rítmicas da xornada:

Xornada Musical

Batucada

Can Can de Offenbach

Danza Rusa de Tchaikovsky

Galería de Imaxes da xornada

 

Esta actividade estivo organizada e dinamizada polo profesorado de música participante no Seminario de FP sobre recursos musicais, subvencionada polo Centro de Formación e Recursos e contou coa colaboración da Área de Educación do Concello.

OS MAIOS

A Festa dos Maios anuncia a chegada da primavera e das flores.  

O noso Maio é unha armazón cuberta por unha rede, continuando coa proposta de Polos Creativos Tecendo Redes. Nazaret, Saúl, Olivia e Alicia son xa uns expertxs redeirxs. Adornámolo con flores feitas de material de reciclaxe.

maios

Nas Coplas, os temas máis empregada son: o cole e os xogos do recreo, a tecnoloxía e o medio ambiente.

coplas 24 vh

 

TECENDO REDES

POLOS CREATIVOS. 

Esta actividade é unha homenaxe ás REDEIRAS, unha profesión tradicionalmente feminina en Galicia.

 

Na aula de Plástica creamos un pequeno tear para que o alumnado de 6º practicara cun punto básico de tecido e creara unha peza de decoraciónde de parede para fotos, notas, colares... (Fai click na imaxe para ver as diapositivas)

tecendo redes

 

DÍA DO LIBRO

Ao longo deste mes para conmemorar o "Día do Libro", fomos realizando actividades relacionadas coa lectura, o xogo e a creatividade.

- XOGO DO TRIVIAL: "O gato con botas"
Os gatos móvense polo taboleiro contestando preguntas para conseguir a capa, o sombreiro e as botas.
 
- PERSONAXES DE CONTOS SAÍDOS DA PLASTILINA e inspirados en: Contos de plastilina "Hansel e Gretel".

- HISTORIAS ENCADEADAS:

Os participantes enlazan as oracións, parágrafos e así forman Historias Encadeadas.

 

 - OCA 1, 2, 3 ... A INVENTAR OUTRA VEZ. 

Cada xogador/a vai anotando as palabras por onde vai avanzando no taboleiro, combinando esas palabras narrará unha breve historia.

- APADRIÑAMENTO LECTOR:

Un ano máis os maiores do cole fixeron de padriños e madriñas lectoras dos máis pequenos.

padriñxs

- VISITA DA DOUTORA CECILIA

cecilia

Tódolos anos polo "Día do libro" a Dra. Cecilia, visita ás aulas de 4º, 5º e 6º de infantil, co fin de comprobar a saúde da biblioteca de aula. Este ano conseguiron o certificado - CORAZÓN VERDE BRILLANTE- Iso significa que aos nenos/as de infantil lles gustan os libros e coidan deles. Tamén lles puxo unha vacina para que o encargado/a do día se acorde de ordenar a bilbioteca.

- O MEU LIBRO FAVORITO

Os nenos/as de infantil ilustraron o seu conto favorito

- RETO: CANTOS CONTOS COÑECES TI?

Na entrada da biblioteca tes un reto sinxelo se queres conseguir un libro, só tes que escribir os títulos de contos que aparecen no panel, poñer o teu nome, o curso e entregalo á coordinadora da Biblioteca. ANÍMATE!!

- A BIBLIOTECA  ESCOLAR ... Espazo para Ler, Xogar e Crear.

 Os nenos/as de infantil desfrutaron dunha sesión de xogos na biblioteca.

 FELIZ DÍA DO LIBRO!

...Ler máis

PRESENTACIÓN DO LIBRO "A NENA E O AVÓ"

Día do Libro

Briana, alumna da clase de 1º de EP,  é a protagonista do conto musicado "A nena e o avó". Con motivo do día do libro presentounos o conto  e compartimos unha das cancións incluídas no libro. Fai click na imaxe para escoitar a canción. 

briana é a protagonista do libro

A autora Carmen Calleja nun momento da lectura do conto que tivo lugar no CC Ponte Vella da cidade.

A nena e o avó

conto

 

Tedes á vosa disposición, na biblio do centro, o conto musicado "A nena e o avó", onde Briana e o seu avó nos descubren un mundo máxico cheo de trasnos, meniñeiros, nubeiros.... 

 

Anexo V: Solicitude de Permisos e licencias

EQUILIBRISTAS CON MAKEY MAKEY

Nesta actividade as alumnas e alumnos de 6º constrúen distintas tirolinas con papel de aluminio que conectan á placa Makey MakeyDespois programan a placa con Scratch para que emita un son cada vez que o aro toque o circuíto. 

 equilibristas

O desafío é atravesar a tirolina sen tocala, se lles treme o pulso e a tocan irán perdendo vidas.

equilibristas paula  nico tirolina 

Distribuir contido


by Dr. Radut