Skip to Content

blogue desalial

ENCONTRO INTERXERACIONAL NA RESIDENCIA DE O VISO

O alumnado de 6º de EP comparte actividades e xogos cos maiores da Residencia As Salinas de O Viso. 

Fixemos entre todos uns gorros de Cheff para adiantar os disfraces de Entroido, tamén participamos nunha sesión de ximnasia nun obradoiro de música cantamos todos xuntos varias cancións  acompañando con instrumentos tradicionais galegos.

Tamén tocamos a Oda a Alegría de Beethoven coa frauta e bailamos Terra de Tanxugueiras. Unha xornada chea de emocións onde o que primaba era acompañar aprender xuntos e pasalo ben.

 

Actividade promovida polo Concello de Ourense.

A TVG emitindo a noticia

Galería de imaxes 

Taller de costura, patronaxe e moda

camisetas conmemorativas 25N

#25N Deseña a túa camiseta

O alumnado de 6º, por equipos de 2/ 3 alumnas/os, deseñaron unha camiseta conmemorativa do 25N,  Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

Acordaron un modelo de prenda, tendo en conta se é simétrica ou asimétrica, con mangas sen mangas. Respectando as medidas, escote, sisa, longo, mangas...

As camisetas debían lucir unha palabra significativa en relación a este día, debuxada e recortada con  papel de periódico. 

E crear un  ACRÓSTICO coas letras da palabra escollida.

 

Receitas extravagantes con castañas

O alumnado de 6º  mestura tecnoloxía e cociña. A actividade consistía en escribir unha receita graciosa e variopinta con algunhas condicións: tiña que levar castañas como ingrediente e debía ser escrita cunha orde lóxica de pasos.

Despois de publicar cada grupo a súa receita, debían comentar e valorar as receitas dos demais respectando sempre a Netiqueta.

Fai clic na imaxe e poderás ler todas as receitas.

Itinerario Digicraft>Programación>Algoritmos empanados

COCIÑA FESTIVA NO SAMAÍN

Hoxe cociñamos: Dedos terroríficos con salchichas e améndoas

A elaboración é moi doada. Saúl indícanos todo o proceso neste titorial:

titorial saúl

dedos terroríficos 

Este obradoiro de cociña está encadrado no PDI do centro A COCIÑAR! 

Tamén escribiron a receita no ordenador, aquí están totalmente entregados á actividade. 

escribindo a receita

Alumnado de 3º de EP. Aula de lingua galega. 

MENÚ DE SAMAÍN

Invitación para degustar o noso menú especial do samaín

O alumnado de 6º fixo cadanseu cartel de Samaín relacionado co Proxecto Documental Integrado do centro  A Cociñar! 

Con todos os debuxos montamos un gran collage (fai clic na imaxe)

menú de samaín

"ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR" A biblioteca escolar ofrece oportunidades de recursos para escribir e escribirnos: Arte que comunica, "alimenta" e arrepía :-#

Como mellorar a nosa escola

A escola é de todas e de todos, seguro que tedes ideas fantásticas para mellorala.

O grupo de 3º contámosvos as nosas propostas para mellorar algúns aspectos do cole. (fai clic na imaxe)

propostas cole

 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E TECNOLOXÍA

Que é o primeiro que che ven a mente cando pensas nun robot?

Son máquinas, pódense programar, teñen sensores, poden ter mando, poden realizar diferentes traballos, poden ter forma humana, pódese xogar con eles...

Ás rapazas e rapaces de educación primaria desfrutaron deste obradoiro de robótica programando diferentes robots, algúns desde a botoneira e outros cunha linguaxe de programación por bloques.

Cos robots desenvolvemos as competencias STEAM: a resolución de problemas, o pensamento lóxico computacional, a creatividade e tamén contribúen ao desenrolo emocional como é  o caso do robot Codey Rocky.

cultura maker

Actividade impartida por Dreams to Space

PROMOCIÓN 2013-2022

promoción 2022

orla 6

 

A COCIÑA TEN QUÍMICA

A cociña é todo un laboratorio de ciencias e matemáticas

Estudamos substancias, a súa orixe, propiedades, as mesturas homoxéneas e heteroxéneas, cambios físicos e químicos. Tamén medimos cantidades e cambiamos as proporcións da receita... A actividade rematou coa degustación do produto final ;-)

MasterChef da cociña de 6º EP

química da cociña

LABORATORIO DE ELECTRICIDADE

Acender un led con limóns parece maxia.

Na clase de 5º construímos unha batería eléctrica con limóns, moedas de 5 cent., pinzas crocodilo e parafusos de zinc.

Seguimos experimentando coa electricidade montando circuítos eléctricos en serie e en paralelo. Estas son as imaxes da actividade.

circuitos eléctricos

Educa en dixital

 

Distribuir contido


by Dr. Radut