O alumnado de 6º de EP comparte actividades e xogos cos maiores da Residencia As Salinas de O Viso.
Fixemos entre todos uns gorros de Cheff para adiantar os disfraces de Entroido, tamén participamos nunha sesión de ximnasia e nun obradoiro de música cantamos todos xuntos varias cancións acompañando con instrumentos tradicionais galegos.
Tamén tocamos a Oda a Alegría de Beethoven coa frauta e bailamos Terra de Tanxugueiras. Unha xornada chea de emocións onde o que primaba era acompañar aprender xuntos e pasalo ben.
Actividade promovida polo Concello de Ourense.