Skip to Content

Terceiro ciclo

Visita residencia "As Salinas"

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria desprazouse ata a residencia "As Salinas" no Viso para realizar diversas actividades interxeracionais cos maiores. Cantaron panxoliñas, realizaron talleres, tarxetas de Nadal, xogaron...

Bonita actividade que favorece a responsabilidade, os valores  e o respeto cara os maiores.

Grazas á residencia por darnos a oportunidade.

O PODER DA LUZ

Novembro Mes da Ciencia nas Bibliotecas

 O alumnado de 6º participa na Misión Alba, un proxecto científico con 4 etapas nas que hai que ir resolvendo retos.

Visualiza as 10 diapositivas onde se mostran os diferentes experimentos realizados coa luz:

O poder da Luz. Misión Alba de salial

DANZA ÉUSCARA

25 N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Compartimos o vídeo da danza éuscara "Erre Zenituzten" para que a  vaiades ensaiando para bailar todos xuntxs.

danza

 En recordo de todas aquelas mulleres, adiantadas á súa época. O seu recordo vive na natureza e en cada un de nós

Musika: Larrabetzuko Bizkargi Dantza Elkarteko gazteek egindako koreografia Xabi Solanoren "Erre Zenituzten" kantan oinarrituz

 

CREAMOS CON CARTÓN E MATERIAL DE REFUGALLO

ESCOBAS DE BRUXAS NO 25N

Para homenaxear o día contra a violencia de xénero preparamos unha danza éuscara "Erre Zenituzten" que é un canto á liberdade e un himno á diversidade. As bruxas da nosa danza representan a todas as mulleres libres que foron perseguidas e maltratadas por ser valientes, bravas e únicas.

Para a danza precisabamos unha vasoira e construímos unha. Aquí vos deixamos os pasos para facer unhas auténticas vasoiras de bruxa:

titorial vasoiras

CESTIÑOS DE CASTAÑAS

O Magosto é unha festa de xogos, lume e castañas.  

Despois dunha sesión de xogos tradicionais, chegaron os bolos preñados e un castañeiro asou as castañas no patio.

Para comelas quentiñas e deixar ben limpo o polideportivo, tiñamos preparados uns cestiños portacastañas. O noso deseño tiña dous lados, un para as castañas e o  outro para as cascas.

Festa si, pero con conciencia ecolóxica! 

porta castañas

 

A CONTAR NO SAMAÍN

1, 2, 3... A contar no Samaín

Esta actividade plástica e visual, intégrase no PDI do centro "Un, dous, tres... a contar outra vez". O alumnado de 6º EP, elixiu un personaxe dos recursos documentais da biblioteca escolar (libros, vídeos, revistas, xogos ...) e converteuno nun ser tenebroso do Samaín

A Carapuchiña Vermella, o Gato de Chesire de Alicia, O Gato con Botas, Vítor Van Dort... personaxes fantásticos vestidos e maquillados para dar moito medo.

Os debuxos están feitos sobre cartón e colgámolos dunha gran tea de araña.

 a contar no samaín

OBRADOIRO DE BOOKTRAILERS

Lectura e creación audiovisual

Roi Guitián, guiou ao alumnado de 5º neste reto: gravar e editar o trailer dun libro.

Os pasos que seguimos foron os seguintes:

-A rapazada, en grupos de 3 ou 4 escolleron un libro e fixeron un storyboard (debuxando e/ou escribindo o que querían gravar).  

A continuación fixeron a gravación coa tablet en diferentes escenarios do centro e logo editaron o vídeo coa aplicación CapCut. Se fas click nos elementos interactivos iconos interactivos poderás visualizar os 6 booktrailers.

Estes son os primeiros booktrailers pero seguro que virán moitos máis!

OBRADOIRO STEAM CON PAOLA GUIMERÁNS

Obradoiros con Paola Guimeráns, experta en Deseño, Téxtiles intelixentes e ensinanzas STEAM.

Desenvólveronse 3 talleres nos que as rapazas e rapaces crearon circuítos, camisetas intelixentes e cómics interactivos  partindo do proceso de "deseñar facendo".

1- Comezamos con Circuitos en papel, o alumnado de 4º fixo circuítos eléctricos con papel condutor e un LED,  co que iluminou unha casiña construída con papiroflexia. 

2- Placa Make Makey. En 5º programaron con scratch e deseñaron un cómic interactivo.

3- Microbit e Make Code neste  obradoiro  a rapazada de 6º deseñou unha camiseta con luces, música, detectores de temperatura... traballando en equipo,  creou programas sinxelos descubrindo as posibilidades da placa microbit. 
 

Este obradoiro enmárcanse no proxecto Biblioteca Creativa 

Os Maios

Durante esta semana o alumnado de 6º  trouxo flores, fiuncho, xestas e fento  e decoraron o Maio. Tamén escribiron coplas.

Os Maios

Música: Maios- Habelas Hainas

COPLAS DOS MAIOS 2023

 

Videoclips con poemas de Rosalía

#SementadePensamentos  Premios Rosalía de Castro
Estes son os videoclips gañadores:
Aos mellores efectos especiais Videoclip de Elías, Dani e Gabriel
negra sombra
 
Á Mellor música orixinal e danza:  Videoclip de Adriel, Bea, Ían e Nara
alborada
 
Ao Mellor guión orixinal: Videoclip de Adriana A, Kaili, Lúa e Adriana C.
videoclip non quero mais dramas
 
 

PINBALL DO COLE DO FUTURO

Estamos moi felices porque o noso proxecto do Cole do Futuro resultou gañador no 

                 Concurso O SuperReto DigiCraft.

Equipo gañador SuperReto DigiCraftO alumnado de 6º realizou esta divertida e tecnolóxica aventura con gran entusiamo: deseñaron e crearon, con materiais de reciclaxe, un PINBALL interactivo con diferentes PINs que mostraban as propostas para o cole do futuro. Logo programaron en Scratch e coa Placa Makey Makey o xogo.

 

Estas son as ideas e propostas que queren no cole do futuro:

1 Un centro autosuficiente enerxéticamente

2  Dispoñer de  gafas de Realidade Virtual e hologramas para poder comprender conceptos, viaxar ao espazo, mergullarse polo mar,  ver museos...

3  Empregar a robótica, a maquetación, o deseño e a impresión en 3D para prepararnos para as profesións do futuro

4 Dispor de equipos informáticos eficientes e cunha boa conectividade nas aulas.

5 Un cole no que poder divertirse e compartir xogos.

No Pinball tamén incluímos 2 códigos QR: Que se priorice a experimentación sobre a instrución e a memorización e, que se poña en valor a nosa lingua,  cultura e tradicións

Neste vídeo mostramos todo o proceso

Entrega de premios SuperReto Digicraft 2021 - A partir do minuto 48 

22/06 Entrega de premios en Santiago

Distribuir contido


by Dr. Radut