Lectura e creación audiovisual
Roi Guitián, guiou ao alumnado de 5º neste reto: gravar e editar o trailer dun libro.
Os pasos que seguimos foron os seguintes:
-A rapazada, en grupos de 3 ou 4 escolleron un libro e fixeron un storyboard (debuxando e/ou escribindo o que querían gravar).
A continuación fixeron a gravación coa tablet en diferentes escenarios do centro e logo editaron o vídeo coa aplicación CapCut. Se fas click nos elementos interactivos poderás visualizar os 6 booktrailers.
Estes son os primeiros booktrailers pero seguro que virán moitos máis!