Nesta actividade as alumnas e alumnos de 6º constrúen distintas tirolinas con papel de aluminio que conectan á placa Makey Makey. Despois programan a placa con Scratch para que emita un son cada vez que o aro toque o circuíto.
O desafío é atravesar a tirolina sen tocala, se lles treme o pulso e a tocan irán perdendo vidas.